Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.574

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1995 pola que se nomean funcionarios en prácticas ós aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 26 de novembro de 1993 para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas.

Cumpridos os trámites previstos na base VI do proceso selectivo convocado pola Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de novembro de 1993 (DOG nº 240, do 15 de decembro), para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, procede realiza-lo nomeamento dos aspirantes que superaron a fase de oposición e presentaron en prazo a documentación correspondente, coma funcionarios en prácticas.

Por iso, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, os seguintes aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo:

Quenda de promoción interna:

Apelidos e nomeDNIPuntuación

Gutiérrez Rodríguez, José Luis34.917.99857,65

Rey Lama, José Miguel35.986.68455,20

Moyano Diéguez, Mariano02.192.23653.70

Quenda libre:

Apelidos e nomeDNIPuntuación

Losada Trabada, Mª Regina32.774.89184,20

García Martínez, Juan José76.406.47783,00

Mosquera Pena, Juan Antonio33.991.44881,00

Lafont Sendino, Sonia29.099.81375,15

Ferreiro Vilariño, Germán33.313.92574,30

Rodríguez Martín, Ana32.651.02772,70

Fonte Bouza, Ana32.774.50870,30

Seijas Sánchez, Ana Mª32.785.66667,05

Morato Miguel, Ana Mª32.783.11461,90

O nomeamento dos interesados coma funcionarios en prácticas terá efectos da data do inicio do curso

selectivo que se establece no punto quinto da presente resolución.

Segundo.-Para os efectos do disposto na base I.1.8 da orde de convocatoria establécese a seguinte distribución de prazas por especialidades do curso selectivo:

-Especialidade de inspección financeira e tributaria:

4 prazas.

-Especialidade de xestión tributaria:

2 prazas.

-Especialidade de intervención:

6 prazas.

-Total prazas curso selectivo:

12 prazas.

Terceiro.-Convócase ós aspirantes relacionados no apartado primeiro da presente resolución ó acto público de elección de especialidade do curso selectivo que terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Economía e Facenda, nos edificios administrativos de San Caetano, bloque 3, baixo en Santiago de Compostela, ás 13 horas do día 27 de novembro de 1995.

A elección de especialidade polos aspirantes efectuarase conforme a orde establecida polas bases I.1.9, VII.3 e VII.4 da convocatoria.

Cuarto.-O curso selectivo, desenvolverase segundo o establecido pola base III da orde de convocatoria.

Quinto.-Igualmente convócase ós aspirantes relacionados no apartado primeiro da presente resolución ó acto de inicio do curso selectivo que terá lugar ás 17 horas do día 27 de novembro de 1995 no mesmo lugar indicado no apartado terceiro da presente resolución.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

95-7443