Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.563

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de outubro de 1995 pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Fingoy de Lugo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Fingoy de Lugo no que solicita a ampliación dunha unidade do 2º ciclo de educación infantil no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola unidade técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Considerando que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste Real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se da no centro solicitante.

Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-la ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a posta en funcionamento desta, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

PROVINCIA DE LUGO

Concello: Lugo

Localidade: Lugo.

Enderezo: rúa Armórica, 144.

Denominación: Fingoy.

Titular: herederos de Antonio Fernández López.

Nivel: educacion infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 2.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 3.

95-7147