Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.563

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se aproba a modificación do artigo 32 dos estatutos da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra.

Visto o escrito da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, polo que se remite a esta Consellería de Economía e Facenda certificación acreditativa do acordo da asemblea xeral da devandita entidade, polo que se aproba a modificación do primeiro parágrafo do apartado 4 do artigo 32 dos estatutos da entidade, procede, ó abeiro do artigo 8 do Decreto 117/1994, do 4 de marzo, dicta-la seguinte,

Resolución:

Primeiro.-Apróbase a modificación do primeiro parágrafo do apartado 4 do artigo 32 dos estatutos da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra.

Segundo.-De acordo co artigo 12 da Lei de Galicia 7/1985, do 17 de xullo e do artigo 4 do Decreto 425/1986, do 16 de outubro, inscríbese no rexistro de caixas de aforros galegas a devandita modificación.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1995.

Miguel Ángel Sainero Caballero

Director xeral de Política Financeira e Tesouro

95-07493