Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación da actual unidade de execución número 14 do PXOU, sita en Pedra do Lagarto-A Parda.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 28 de setembro de 1995, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Prestar aprobación, con carácter inicial, á proposta instada por iniciativa particular de José Márquez Souto e Eugenio Sobral Fernández, no seu propio nome e na representación de María Cruz Martínez Martínez, de modificación da actual unidade de execución número 14, sita en Pedra do Lagarto-A Parda, mediante a súa conversión en dúas unidades de execución, denominadas U.E.-14.1 e U.E.-14.2, de acordo co proxecto presentado polos promotores o día 13 de agosto de 1995, que será dilixenciado pola secretaría xeral.

Segundo.-Faculta-la alcaldía para a formalización do convenio a subscribir entre esta Administración

municipal e os citados promotores, mediante o que se establezan, como condicións esixibles polas partes conforme a dereito, as garantías procedentes polas que se asegure a execución do vial que atravesa a actual unidade número 14, integrante do sistema xeral viario, e os terreos da súa propiedade destinados polo planeamento a equipamento público xunto á súa posta a disposición a este concello e mediante o cal, como medida aseguradora da xusta distribución de beneficios e cargas, se garanta tamén a compensación polos promotores da modificación da unidade da compensación do 1,5 por 100 de aumento de cargas xeradas na unidade de execución 14.2, cedendo, ó mesmo tempo, os devanditos promotores os terreos dedicados a equipamento na unidade de execución 14.2 da súa propiedade e comprometerse á xestión e execución desta unidade resultante. Da formalización deste convenio e da garantía destas actuacións dependerá a aprobación definitiva deste procedemento, dándose conta ó Pleno da

Corporación do convenio subscrito.

Terceiro.-Denega-la solicitude de substitución do sistema de actuación denominado de compensación polo procedemento de reparcelación voluntaria, xa que este sistema aplicado de compensación, de eficaz xestión privada, vén determinado como un dos establecidos pola lexislación urbanística e así recolleuno a propia normativa do PERI aplicado da unidade de actuación número 14.

Cuarto.-Someter a información pública o expediente por prazo dun mes mediante a publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP, taboleiro de edictos do concello e nun dos periódicos de maior circulación da provincia, para efectos de que durante tal período se poidan formula-las alegacións e suxerencias pertinentes, computándose o momento inicial do prazo de alegacións a partir da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia».

Durante o prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-la documentación inicialmente aprobada na unidade de fomento deste concello (rúa Dona Teresa) e formula-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 23 de outubro de 1995.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

7620