Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE DOZÓN

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día vinteseis de outubro de mil novecentos noventa e cinco, acordou a aprobación inicial do proxecto de delimitación do solo urbano de Castro Dozón. Faise público, nos termos e para os efectos definidos no artigo 114 do texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e do ordenamento urbanístico.

O expediente estará á disposición do público durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte a aquel en que este anuncio apareza no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que os interesados poidan examinalo, e, se é o caso, face-las alegacións oportunas.

Dozón o 31 de outubro de 1995.

O alcalde

Rubricado

7358