Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 106-1/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Enderezo social: r/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa 9, 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. en Troian.

Situación: Laracha (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 544 m de lonxitude, en conductor LA-30, que parte do C.T. Leborias e remate no C.T. Troian. Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de outubro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-7314