Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Enderezo social: r/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa 9-1º, 15005 A Coruña.
Denominación: L.M.T. a C.T. en Golmar.
Situación: Laracha (A Coruña).
Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 533 m de lonxitude, en conductor LA-30, que parte da L.M.T. Beria-Orxeiras e remata no C.T. Golmar. Concello de Laracha.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 16 de outubro de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
7308