Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e C.T. en extrarradio de Agolada, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Hidroeléctrica del Arnego, S.L.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. de Pontevilariño a Agolada, na zona de concentración parecelaria de Ferreiro, ata o C.T. que se proxecta en Esperante, concello de Agolada
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 820 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón.
C.T. de 25 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.
Orzamento: 4.811.634 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 6 de outubro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-7313