Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de novembro de 1995, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes número DX-00080-I-95 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 2 de novembro de 1995.

Juan Girón Astray

subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00080-I-95

M-9578-PL

A2060 1059437257

Comercial Morales y Domene, S.L.

San Romualdo 26

28037-Madrid

Realizar transporte de mercadorías co vehículo M-9578-PL que ten un P.M.A. de 3.500 kg e que presenta un peso total en báscula de 5.560 kg o que supón un exceso de 2.160 kg (exceso de peso do 61% sobre o P.M.A. do vehículo)

25-1-1995; 11.32; N-VI; 543,800

Art. 141 o)Rela-

cionado

co 140 a)da

LOTT

Art.198 p)Rela-

cionado

co 197 c)do

RGTO

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROT

225.000

DX-00165-I-95

LU-4027-B

L7OT0000340

Mazoy Pérez, Manuel

Primo de Rivera 82-84

27002 Lugo

Realizar transporte público de mercadorías co vehículo LU-4027-B que está en posesión dunha autorización de transporte MPC, que non leva a bordo do vehículo.

10-5-1995; 16.08; N-VI; 543,800

Art.142 b)LOTT

Art.199 b)RGTO

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROT

5.000

DX-00239-I-95

C-5111-BK

LE9OR0032413918

Espantoso Santos,

Oriente Víctor

Ronda de Outeiro 284

15011 A Coruña

No aeroporto de Alvedro o vehículo C-5111-BK provisto de autorización provisional VT-nacional residencia na Coruña, recolle dous pasaxeiros e ás 16.45 horas reinicia o percorrido.

8-6-1995; Aeroporto de Alvedro

Art.141 c)LOTT

Art.198 c)RGTO

Art.143 LOTT

Art.201 RGTO

50.000

7361