Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan (mellora da seguridade vial no enlace da PO-330 e PO-331 e doce máis).

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudicar as seguintes obras:

Mellora da seguridade vial no enlace da PO-330 e PO-331.

Adxudicatario: Covsa.

Orzamento: 27.260.000 ptas.

Corredor de alta velocidade de Monforte de Lemos a Lalín. (C-533 Escairón-Monforte de Lemos). Treito II (Escairón Leste-Barcelares).

Adxudicatario: Copasa.

Orzamento: 621.200.000 ptas.

Corredor central Lugo por Vilalba C-641. Treito: San Sadurniño-Igrexafeita.

Adxudicatario: Cuíña, S.A.

Orzamento: 767.693.389 ptas.

Alargamento e mellora do firme da estrada PO-400. Treito: As Neves-Arbo. 2ª fase.

Adxudicatario: Ute Covsa, S.A.-Sacyr, S.A.

Orzamento: 246.428.000 ptas.

Alargamento do firme da estrada C-646. Treito: Cedeira-Campo do Hospital. P.k. 0,000/12,200.

Adxudicatario: C.R.C. Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 373.937.371 ptas.

Alargamento e mellora do trazado da AC-234. Treito: Corredoiras-Arzúa. P.k. 0,000/12,214.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 445.961.652 ptas.

Acondicionamento da estrada C-536 de Alto da Cerdeira á Pobra de Trives. Treito: Alto da Cerdeira-A Pobra de Trives.

Adxudicatario: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

Orzamento: 752.200.000 ptas.

Alargamento e mellora do trazado da estrada C-630 de Pravia a Lugo. Treito: A Lastra-A Fonsagrada.

Adxudicatario: Cubiertas y Mzov, S.A.

Orzamento: 808.388.300 ptas.

Alargamento e mellora da estrada PO-342 da N-550 (Virxe do Camiño) a PO-331 (Cela). Treito: Cela-Mosende. P.k. 0,000/3,660.

Adxudicatario: Construcciones Crespo, S.A.

Orzamento: 281.841.398 ptas.

Vestiario do persoal da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Coruña.

Adxudicatario: Manuel Vázquez Pérez.

Orzamento: 4.773.377 ptas.

Vestiario do persoal da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo.

Adxudicatario: Peycar, S.L.

Orzamento: 4.335.200 ptas.

Vestiario do persoal da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Ourense.

Adxudicatario: Manuel Vázquez Pérez.

Orzamento: 3.509.521 ptas.

Vestiario do persoal da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra.

Adxudicatario: Manuel Vázquez Pérez.

Orzamento: 5.048.830 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados dende o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-7460