Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Acondicionamento de beirarrúas e espacios libres no porto de Ribeira.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 133.412.488 ptas.

-Asistencia técnica para control e vixilancia da obra de alargamento e mellora da estrada OU-202. O Carballiño, límite provincia.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 14.950.000 ptas.

-Acondicionamento da estrada C-646, treito: Ferrol-Valdoviño.

Adxudicatario: Cubiertas y Mzov, S.A.

Orzamento: 497.019.335 ptas.

-Asistencia técnica para control e vixilancia da obra alargamento e mellora, treito: A Estrada-Codeseda.

Adxudicatario: Enmacosa.

Orzamento: 14.962.084 ptas.

-Camiño de Santiago. Reforzo firme con mestura bituminosa en quente. LU-633 Sarria-Samos 0,000/11,500 e Lu-634 Samos-Pedrafita do Cebreiro, 0,000/11,310.

Adxudicatario: Ovisa

Orzamento: 180.400.000 ptas.

-Asistencia técnica voo, apoio de campo e restitución analítica da obra de acondicionamento da AC-433, treito: Negreira-A Pereira.

Adxudicatario: Topser, S.A.

Orzamento: 5.875.000 ptas.

-Reperfilado con mestura asfáltica C-552 A Coruña-Fisterra.

Adxudicatario: Ponciano Nieto.

Orzamento: 104.191.789 ptas.

-Asistencia técnica redacción do proxecto da LU-1612, treito: Ferreira do Valadouro-Cangas de Foz.

Adxudicatario: Ciesa.

Orzamento: 11.142.327 ptas.

-Mellora da capa de rodadura na PO-223. Pontevedra-Campo Lameiro.

Adxudicatario: Copdisa.

Orzamento: 48.993.205 ptas.

-Asistencia técnica redacción proxecto acondicionamento estrada OUR-122 Sobradelo-Casaio, treito: Sobradelo-Casaio.

Adxudicatario: Estudio técnico Gallego, S.A.

Orzamento: 18.993.888 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notíficase, e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7423