Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1995, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o extravío do resgardo de depósito número 1333/1994 en aval bancario.

Extraviado o resgardo do depósito en aval bancario número 1333/1994, constituído na caixa de depósitos da Delegación Territorial de Economía e Facenda de Pontevedra coa data de 2 de decembro de 1994, por importe de 12.129.740 ptas, sendo o propietario do metálico a Compañía de Seguros y Reaseguros de Crédito y Caución, S.A. e o garantido Pavimentos y Viales, S.A., faise público para que no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, poida alegarse por terceiro o que considere oportuno, e advírtese que, transcorrido o referido prazo, se expedirá o novo resgardo, que anulará o primeiro.

Pontevedra, 27 de outubro de 1995

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

95-7394