Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO de información pública.

Aprobado tecnicamente por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con data de 22 de setembro de 1995, o estudio informativo de Nova estrada PO-400 a nova ponte internacional. Treito: Arbo, clave: N-PO-89.16.5.1; sométese o citado estudio ó trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no BOE, coa finalidade de que aqueles que o consideren oportuno poidan formular por escrito ante este Servicio Provincial de Estradas as observacións que coiden convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia; e advírtese que o citado estudio pode examinarse durante o dito prazo, en horas hábiles de oficina, neste servicio e no Concello de Arbo.

Ó mesmo tempo, sométese á información pública prevista no Decreto 327/1991 da Xunta de Galicia, relativo á avaliación dos efectos ambientais.

Pontevedra, 19 de outubro de 1995.

José Enrique Pardo Landrove

Enxeñeiro xefe

9507432