Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.534

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se autoriza a implantación do ciclo formativo de grao superior Saude Ambiental ó centro IFP Ricardo Mella de Vigo.

Estudiada a solicitude promovida ó abeiro da Orde do 17 de marzo de 1995 (DOG do 10 de abril), pola que se dictan normas referentes á renovación da oferta de ensinanzas experimentais durante o curso

1995/1996, procede prosegui-la implantación anticipada das ensinanzas establecidas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Esta dirección xeral, por proposta da Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos,

RESOLVE:

Autoriza-la implantación do ciclo formativo de grao superior Saude Ambiental, cofinanciado co Fondo Social Europeo, ó IFP Ricardo Mella de Vigo.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 1995.

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

9507660