Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.533

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de outubro de 1995 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento dun centro privado de educación secundaria La Salle de Santiago de Compostela (A Coruña).

Examinado o expediente instruído por instancia de Gregorio de Frutos Sanz, no que se solicita autorización definitiva para a apertura e funcionamento do centro privado de educación secundaria La Salle de Santiago de Compostela (A Coruña).

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola delegación provincial da Consellería de Educacion e Ordenacion Universitaria, que o remite cos informes da Unidade Técnica e Inspección Educativa.

Vista a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e demais disposicións complementarias.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento do centro de educación secundaria La Salle de Santiago de Compostela (A Coruña), e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas de acordo co calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, segundo os reais decretos 986/1991, do 14 de xuño e 1487/1994, do 1 de xullo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Cuarto.-O centro de educación secundaria que pola presente orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1991, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 279/1991, do 1 de marzo (BOE do 8), e, especialmente, o establecido no seu anexo D, que establece as condicións particulares para o uso docente. Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Domicilio: San Roque, 6.

Denominación específica: La Salle.

Titular: Hermanos de las Escuelas Cristianas.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación Primaria: 18 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 16 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato de 12 unidades, coas modalidades seguintes: ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

95-07491