Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.533

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 outubro de 1995 pola que se revoga a autorización para imparti-las ensinanzas homologadas da área tecnolóxico-práctica da rama de perruquería á academia Cary da Coruña.

Unha vez notificada a resolución do expediente incoado ó centro, homologado para imparti-la área

tecnolóxico-práctica da rama de perruquería, denominado academia Cary, domiciliado na rúa de Arteixo 3-1º da Coruña, na que se declara probada a existencia de diversas irregularidades no seu funcionamento que dan lugar á revogación da autorización.

Vistos o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral, a Orde do 24 de febreiro de 1994 (DOG do 16 de marzo), pola que se regula o funcionamento e actividades dos centros que teñen homologada a área de coñecementos tecnolóxicos e prácticos na rama de perruquería e estética e demais normas de pertinente aplicación. Esta consellería,

DISPÓN:

Facer pública a revogación da autorización concedida á academia Cary da Coruña.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9507433