Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALGA

DECRETO da alcaldía.

De acordo co previsto nas bases da convocatoria, aprobadas polo Pleno da Corporación Municipal con data 29 de agosto de 1995, publicadas no BOP de Pontevedra nº 176, do 13 de setembro de 1995 (correcciónn de erros no nº 184, do 25 de setembro), e no Diario Oficial de Galicia nº 178, do 15 de setembro de 1995.

Resolvín proceder á convocatoria do concurso-oposición para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo (escala da Administración xeral), vacante no cadro de persoal deste concello.

Esta convocatoria faise pública no BOP de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de edictos deste concello.

As solicitudes para optar á praza presentaranse no rexistro xeral do Concello de Valga, no prazo de vinte

días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza a derradeira das publicacións citadas. Así mesmo, poderán presentarse en calquera das maneiras establecidas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En Valga o vinteseis de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

José María Bello Maneiro

Alcalde

7567