Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1995 pola que se convoca concurso para a contratación do desenvolvemento do programa educativo «Vigo por dentro».

Obxecto: será a contratación mediante concurso aberto do desenvolvemento do programa educativo «Vigo por dentro» de acordo co contido no prego de condicións técnicas e que consiste en actividades de formación de escolares.

Duración do contrato: o contrato terá unha duración dun ano, a partir do 1 de xaneiro de 1996 e finalizará o 31 de decembro de 1996. Nembargantes, o contrato entenderase prorrogado por anualidades, ata un máximo de tres, agás que calquera das partes comuniquen por escrito á outra, cunha antelación mínima de tres meses ó vencemento do período contractual, a súa decisión de dar por extinguido o contrato, sen que haxa lugar a prórroga neste suposto.

Prezo de adxudicación: para o apartado A dos recollidos no prego de condicións técnicas o prezo máximo de licitación será de 5.162.000 ptas., para o apartado B será de 14.384.000 ptas. e para o apartado C será de 20.532.000 ptas.

Fianzas: para tomar parte no concurso será preciso constituí-la fianza provisoria por importe de 801.560 ptas. A fianza definitiva constituirase polo adxudicatario por importe do catro por cento do tipo de licitación.

Revisión de prezos: no suposto de prórroga do contrato, a revisión de prezos farase por aplicación do IPC.

Prego de condicións e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Vigo, de 9 a 13 horas, ou por correo na forma legalmente determinada, dentro dos vinteseis (26) días naturais seguintes a aquel no que se publique o derradeiro anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Durante os oito primeiros días do anuncio no BOP poderanse presentar reclamacións contra o prego de condicións, de conformidade cos efectos previstos no Art. 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Apertura de plicas: a apertura de plicas ou proposicións presentadas verificarase ás doce horas do día seguinte hábil a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións, na casa do concello.

Clasificación do contratista: o contratista estará clasificado no grupo III (Servicios), subgrupo tres, sendo a categoría do contrato a B, ou no grupo III, subgrupo oito (outros servicios), categoría B.

Modelo de proposición:

D/Dª..., con DNI nº..., en nome propio (ou en representación de...), informado do concurso convocado polo Concello de Vigo para o desenvolvemento do programa educativo «Vigo por dentro», segundo anuncio publicado no BOP nº..., con data... solicita a súa admisión e neste fai constar:

a) Que acepta integramente os pregos de condicións técnicas e administrativas.

b) Que solicita a súa admisión ó concurso convocado por ese concello no BOP do..., nº..., con data...

c) Achega a declaración xurada, xustificante de constituí-la fianza provisional e demais documentos esixidos no prego de condicións.

d) Propón como prezos de adxudicación do concurso os seguintes. (Os prezos entenderanse co IVE incluído):

Para a opción A, oferta un prezo de... ptas., que resulta un prezo por alumno de... ptas.

Para a opción B, oferta un prezo de... ptas., que resulta un prezo por alumno de... ptas.

Para a opción C, oferta un prezo de... ptas., que resulta un prezo por alumno de... ptas.

Lugar, data e sinatura do licitador.

Vigo, 8 de novembro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde