Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO de convocatoria de oposición libre para a provisión de dúas prazas da policía local.

No BOP de Pontevedra, nº 189, do 2-10-1995, publícanse integramente as bases que rexerán na oposición libre para a provisión de dúas prazas da policía local, e que se extractan de seguido:

Obxecto da convocatoria.

Provisión, en propiedade, mediante oposición libre, de dúas prazas de gardas da policía local, incluídas na oferta de emprego público para 1995, correspondentes á escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, grupo D, nivel 12.

Condicións dos aspirantes.

a) Ser español.

b) Ter cumprimdos 18 anos, e non supera-los 30, na data de finalización do prazo para presentación de solicitudes.

c) Atoparse en posesión do título de graduado escolar, FP1, ou equivalente.

d) Non estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas, nin separado do servicio das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.

e) Ser titular do permiso de conducir das clases A-2, B-1 e B-2.

f) Posuír unha estatura mínima de 1,70 m para homes, e 1,65 m para mulleres.

g) Comprometerse a portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas, condición que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

h) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluíra as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico, se se considerase necesario.

i) Non ter antecedentes penais.

Solicitudes e adminisión.

As instancias nas que se solicita tomar parte na oposición, ás que os aspirantes engadirán os xustificantes esixidos nos apartados e), g) e h) da base 2ª, nos que declaran así mesmo que reúnen tódalas demais condicións esixidas na dita base, serán dirixidas ó alcalde presidente do Concello de Cambados, podendo presentarse durante o prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó último dos edictos que se publiquen no BOE ou no DOG.

Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador da oposición estará composto do seguinte xeito:

Presidente, o alcalde ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario, o da corporación ou funcionario en quen delegue.

Vocais, un representante da Xunta de Galicia, designado pola consellería competente, por proposta da Academia Galega de Seguridade, de entre os profesionais da Polícia Local de Galicia; un funcionario de carreira designado polo presidente da corporación; un representante dos sindicatos máis representativos no concello.

Probas da oposición.

As probas da oposición desenvolveranse do seguinte xeito:

a) As probas selectivas serán de carácter teórico e práctico, e constarán :

1º.-Recoñecemento médico.

2º.-Exame psicotécnico.

3º.-Na execución das seguintes probas de capacitación física:

-Proba de resistencia.-Consistirá en percorre-la distancia de 1.000 m lisos nun tempo máximo de 3 minutos e 30 segundos para homes, e 4 minutos para mulleres.

-Proba de velocidade.-Consistirá en percorre-la distancia de 50 m lisos, nun tempo máximo de 9 segundos para homes, e 10 segundos para mulleres.

-Proba de lanzamento.-Os aspirantes, situados tras unha liña e cos pes emparellados, lazarán, por enriba da cabeza, e sen efectuar desprazamento do corpo,

un balón de 5 kg, para os homes, e de 3 kg para as mulleres, debendo alcanzar unha distancia mínima de 5,5 m.

-Forza flexora.-Consistirá en realizar un total de 15 flesións, desde a posición de suspensión pura, coas palmas á fronte e total extensión dos brazos, nun tempo máximo de 60 segundos.

-Salto de lonxitude.-Os aspirantes efectuarán un salto de lonxitude mínimo de 3,5 m para homes e 3 m para mulleres.

-Salto de altura.-Consistirá en efectuar un salto por riba dunha barra, que se fixará a 1,10 m para homes, e a 1 m para mulleres.

4º.-Exercicio teórico, de carácter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá en desenvolver por escrito, dous temas elixidos ó chou, un da parte xeral e outro da parte específica, dos incluídos no programa anexo.

5º.-Exercicio práctico, que consistira en desenvolver un suposto práctico posto polo tribunal, incluíndo a redacción dun parte ou atestado.

Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

Concluídas as probas, o tribunal publicará a relación de aprobados, propoñendo o nomeamento dos dous aspirantes que acadaran a maior puntuación, tomando posesión como funcinarios en prácticas, toda vez que deberán superar un curso selectivo de formación na Academia Galega de Seguridade, para o seu nomeamento definitivo.

As bases íntegras e o programa anexo poderán obterse na secretaría do concello, ou ben no citado BOP do 2-10-1995.

Cambados, 17 de outubro de 1995.

O alcalde

Rubricado

7254