Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BÓVEDA

ANUNCIO.

No BOP de Lugo nº 244, do 24 de outubro, fanse públicas as bases da convocatoria para a provisión, como laboral fixo, dunha praza de operario de servicios múltiples, correspondente á oferta de emprego público de 1995.

A presentación de solicitudes para participar nas probas de acceso será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación da presente convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios deste concello e no BOP de Lugo.

Bóveda, 24 de outubro de 1995.

José María Vila González

Alcalde-Presidente

6990