Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4402 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: L.M.T. ó C.T. de Vilapún.

Final: C.T. Pontorrón.

Situación do transformador: Pontorrón.

Características: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, con postes de formigón e unha lonxitude de 849 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre postes de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-25 mm Al, cunha lonxitude de 220 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Pontorrón y Vilar de Cucos, no concello de Cervantes.

Orzamento: 4.825.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 11 de outubro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7289