Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4401 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: apoio da L.M.T. Palas-Friol.

Final: C.T. proxectado da estrada de Melide.

Situación do transformador: Palas de Rei.

Características: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, en apoios de formigón e unha lonxitude de 336 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 160 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoios de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-25 e unha lonxitude de 1.610 metros, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Palas de Rei estrada de Melide, concello de Palas de Rei.

Orzamento: 8.100.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 10 de outubro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7288