Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4403 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: apoio nº 82 da L.M.T. ó C.T. de Vilar.

Final: C.T. de Queirogal.

Situación do transformador: Queirogal.

Características: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, con apoios de formigón e unha lonxitude de 194 metros. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 KVA 20.000/398-230 V, sobre postes de formigón. Rede de baixa tensión en con

ductor R.Z.-95-50 de 786 metros de lonxitude, para mellora do servicio eléctrico en Queirogal, A Quinta e Airexe, no concello de Baleira.

Orzamento: 4.660.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 16 de outubro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7290