Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Hidroelécttrica de Laracha, co enderezo na r/ Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue: modificación da liña eléctrica denominada L.M.T. a C.T. de Canedo, consistente en: substituír parte da liña existente por liña eléctrica aérea de media tensión, sobre apoios de formigón e conductor LA-30, de 417 m de lonxitude, entre os C.T. denominados C.T. Sta. Margarida e C.T. Canedo. Canedo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.
A Coruña, 27 de setembro de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
95-7181