Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 334/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T: Portonovo, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 88 da L.M.T. 29.06 Vilalonga-A Toxa ata o apoio nº 1 da L.M.T. proxectada ó C.T. de Portonovo; desde a L.M.T. aérea denominada anteriormente ata o C.T. de Portonovo, e desde o C.T. de Portonovo ata a L.M.T. existente ó C.T. do porto, concello de Sanxenxo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 45 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56. L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 570 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. 3 celas de liña no C.T. de Portonovo.

Orzamento: 10.472.611 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas,

no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 29 de setembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-7280