Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 50598).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Hidroeléctrica de Laracha, co enderezo na r/ Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005, A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue: modificación da liña eléctrica denominada Bastón-Campo de Porta, consistente en: substituír parte da liña existente por liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 788 m de lonxitude, nos tramos desde apoio nº 6 ó C.T. Portas e desde apoio nº 1 e o apoio nº 7. Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 27 de setembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-6686