Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4381 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; rúa Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: apoio de formigón nº 8 L.M.T. ó C.T. Centeais.

Final: no C.T. proxectado en Vilaester.

Situación do transformador: Vilaester.

Características: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 en postes de formigón ou metálicos, cunhas lonxitudes de 2.988 metros a de Centeais e 119 metros a de Vilaester. Centro de transformación tipo intemperie, de 50 kVA. 20.000/400-231 ± 2,5% ± 5%, en apoio de formigón. Rede de baixa tensión cunha tensión de 380-220 V, en conductor R.Z.-0,6/1 kV, 3x95/54,6 e unha lonxitude de 60 metros, para mellora do servicio eléctrico no lugar de Centeais, no concello de Quiroga.

Orzamento: 12.687.434 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 27 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-6687