Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 26869).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Hidroeléctrica de Laracha, co enderezo na rúa Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue: L.M.T. aéreo subterránea a C.T. Grupo Escolar, de 301 e 52 m, en conductor LA-30 e R.H.V. de 95 mm e aumento de potencia do C.T.tipo caseta de 50 kVA a 200 kVA, a 15/20 kV-B.2 T.M. Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta

delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 4 de setembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-6406