Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1995 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración, entrega e instalación de diverso material informático para centros de formación profesional dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca o seguinte concurso polo procedemento aberto:

Obxecto: adquisición de software informático para actualización de ensinanzas dos centros públicos de formación profesional dependentes desta consellería.

Orzamento: doce millóns de pesetas (12.000.000 de ptas.).

Documentos de interese para os licitadores: os pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas

hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sita en San Lázaro, 107, Santiago de Compostela.

Presentación de ofertas: as ofertas dirixiranse en calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, no prazo de vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de pregos: a apertura de pregos terá lugar na Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos, ás once horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións; se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os indicados na cláusula sexta do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantía provisional: será do dous por cento (2%) sobre o tipo de licitación: duascentas corenta mil pesetas (240.000 ptas.).

Prazo de execución: vinte días a partir da súa sinatura.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1995.

P.D. (Orde 8-9-1994)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

95-6404