Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto e adxudicación por poxa das obras que se citan. (RC-LU-95.01 e cinco máis).

Título do proxectoOrzamentoClasificación

RC-LU-95.01. Reparación do firme por tramos
LU-170 ramal da N-VI a Momán
P.k. 0,000 ó 17,0012.373.657Grup. G, Sub. 6, Cat.c
RC-LU-95.02. Reparación do firme por tramos
LU-160 Mondoñedo a Ferreira
LU-161 de Landrove a Ferreira21.000.000Grupo G, Sub. 6, Cat.c
RC-LU-95.03. Reparación do firme por tramos
LU-740 da Fonsagrada a Trobo
LU-721 da Fonsagrada a Vilaboi de Suarna20.769.352Grupo G, Sub. 6, Cat.c
RC-LU-95.04. Reparación do firme por tramos
LU-612 ramal N-540 a Portomarín
P.k. 9,000 ó 23,10012.000.000Grupo G, Sub. 6, Cat.c
RC-LU-95.05. Reparación do firme por tramos
LU-234 ramal N-VI a Cotá,
P.k. 4,150 ó 12,60021.000.000Grupo G, Sub. 6, Cat.c
RC-LU-95.06. Reparación do firme por tramos
LU-722 de Becerreá a Navia
LU-723 de Ambasmestas a Pontes de Gatín21.000.000Grupo G, Sub. 6, Cat.c
RC-LU-95.07. Sinalización horizontal
LU-160 Mondoñedo a Ferreira
C-533 A Gudiña a Lalín4.856.991Grupo G, Sub. 5, Cat.b

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os correspondentes proxectos de cada unha

das obras que se relacionan e demais documentos de interese para os licitadores estarán a disposición destes na delegación provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita na Ronda da Muralla, 131 (Lugo).

Esixirase a fianza provisional do 2% salvo no disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administraccións públicas e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As proposicións deberán dirixirse en sobres pechados ó rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do cuarto día que non coincida en sábado, contado a partir do último día da presentación de proposicións.

Os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativas. O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 10 de novembro de 1995.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial de Lugo

9507575