Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.511

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (52/1994).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 52/1994, promovido por Banco Hipotecario de España, S.A., contra María del Pilar Antolín Arizmendi e Juan Silva Silva nos que, por resolución desta data, acordouse sacar á venda en pública poxa o inmoble que ó final se describe, o remate do cal terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, na forma seguinte:

En primeira poxa, o día 9 de xaneiro próximo, ás 12 horas da súa mañá; servirá de tipo o pactado na escritura de hipoteca, ascendente á suma de 6.640.000 ptas.

En segunda poxa, caso de non quedaren rematados os bens na primeira, o vindeiro día 8 de febreiro e 12 horas da súa mañá, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira.

E en terceira poxa, se non se rematasen en ningunha das anteriores, o día 7 de marzo próximo e 12 horas da súa mañá, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1.- Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo de poxa, en primeira nin en segunda, e poderase face-lo remate en calidade de ceder a terceiros.

2.- Os que desexen tomar parte na poxa, agás o acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV, conta nº 1592-18-52-94, o vinte por cento do tipo expresado e sen este requisito non serán admitidos a licitación.

3.- Os autos e certificacións do rexistro ós que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto en secretaría, e enténdese que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes; e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto de poxa:

-Vivenda tipo A na primeira planta alta, á dereita subindo pola escaleira, pertencente a unha edificación sita na rúa número un do plan xeral de urbanización da vila de Boiro, da superficie útil de oitenta e nove metros, noventa e seis decímetros cadrados, coa súa correspondente distribución interior. Linda: fronte, caixa de escaleiras, corredor distribuidor e vivendas tipo B e C; de costas, Bibiana Lago e Balbina Rodrí

guez; dereita, entrando, José España Silva; e esquerda, vivenda tipo B e rúa número un. Ten como anexo na planta de faiado o trasteiro sinalado co nº 2 de dez metros e vintetrés decímetros cadrados. Inscrita no rexistro da propiedade de Noia, no tomo 752, libro 123, folio 128, predio 11.049, inscrición 4ª.

Dado en Santiago de Compostela o trinta de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado.

95-7578