Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 27307).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Hidroeléctrica de Laracha, co enderezo na r/ Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 744 m de lonxitude, en LA-30, que parte do C.T. Leboiras e remata no C.T. Cerdeira. Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 18 de setembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-7174