Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.504

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, na que se fan públicas as listas de solicitantes admitidos e excluídos nas accións de apoio económico ós estudiantes universitarios que se citan.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para alumnos universitarios que rematen

os estudios no ano 1995, e das bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo en centros da Comunidade Autónoma por parte dos galegos e os seus descendentes que residan fóra de Galicia, comprendidas nos anexos III e VIII da Orde do 30 de marzo de 1995, (DOG do 11 de maio), pola que se aproban as bases reguladoras de concesión de axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios, e, revisadas tódalas solicitudes recibidas, procede, de conformidade coas bases 5 e 7 dos devanditos anexos III e VIII, respectivamente, publica-las listas de solicitantes admitidos e excluídos.

En consecuencia, esta dirección xeral:

RESOLVE:

Primeiro.- Facer públicas as relacións provisionais dos solicitantes admitidos e excluídos nas accións de apoio económico ós estudiantes universitarios, que a continuación se sinalan:

1.- Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para alumnos universitarios que rematen os estudios no ano 1995. (Anexo III).

2.- Bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo en centros da Comunidade Autónoma por parte dos galegos e os seus descendentes que residan fóra de Galicia. (Anexo VIII).

Segundo.- As ditas relacións provisionais estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais, nos rectorados das tres Universidades de Galicia e na Oficina de Información Administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nelas indicarase, se é o caso, a causa ou causas de exclusión.

Terceiro.- Contra esta resolución poderase formular reclamación perante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro 1995

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

7472