Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.499

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 30 de outubro de 1995 pola que se regula o programa de control sanitario das matanzas domiciliarias de animais da especie porcina para o seu autoconsumo.

Un dos riscos sanitarios máis graves na transmisión de enfermidades dos animais ó home (zoonose) represéntao o consumo de carnes sen control veterinario. Este tema vese agravado na nosa Comunidade Autónoma, onde se procede de xeito tradicional ó sacrificio de animais da especie porcina para o abastecemento familiar en réxime de matanza domiciliaria. Sen embargo, non se adoita reflexionar acerca dos riscos sanitarios que esta práctica pode implicar, xa que se pensa que a ausencia de síntomas no animal vivo non terá repercusións negativas para a saúde dos consumidores desta carne. Este feito non pode ser ignorado polas autoridades sanitarias.

Analizadas as alternativas posibles e valorados os riscos sanitarios máis graves derivados dun consumo de carne de porco sen control sanitario, chegouse á conclusión de que o maior risco de transmisión de enfermidades ó home (zoonose) a traves dela preséntao a triquinose, polo que o control sanitario destas carnes centrarase no análise da presencia da larva de Triquinella espiralis causante da enfermidade no home. O cadro clínico desta enfermidade é moi variable, desde a ausencia de síntomas ata un desenlace fulminante e mortal, dependendo do grao de infestación que presenten as carnes.

A preocupación das autoridades sanitarias, derivada dos altos custos, sanitarios, económicos e sociais da transmisión desta enfermidade, así como darlles un servicio obrigado ós que o demanden, fai necesario articular un sistema polo cal estas matanzas domiciliarias sexan controladas polos servicios veterinarios oficiais de saúde pública. O obxectivo fundamental é a educación para a saúde da poboación, no senso de diminuí-la incidencia desta enfermidade, e conseguir que as carnes destes animais non sexan consumidas sen ter realizadas as análises parasitolóxicas de presencia de triquina correspondentes e contribuír cunha inspección veterinaria (servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública) capaz de atende-las posibles demandas que se produzan.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.3º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta da Dirección Xeral de Saúde Pública, do Servicio Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Pola presente orde apróbase o programa de control sanitario das matanzas domiciliarias de animais da

especie porcina para o seu autocosumo, que será levada a cabo polos servicios veterinarios oficiais de saúde pública.

Artigo 2º

O programa de control sanitario das matanzas domiciliarias de animais da especie porcina para o seu autoconsumo terá un carácter temporal, e desenvolverase periodicamente entre os meses de novembro a marzo, ambos inclusives.

Artigo 3º

As carnes de porcos e os seus productos procedentes de matanzas domiciliarias destinaranse unicamente ó autoconsumo, quedando prohibida a súa comercialización, conforme o establecido no artigo 1.2º b) do Real decreto 147/1993, do 29 de xaneiro, polo que se establecen as condicións sanitarias de producción e comercialización de carnes frescas.

Artigo 4º

Os interesados en beneficiarse do programa regulado pola presente orde deberán:

a) Realiza-la toma de mostras para a súa análise. A mostra consistirá na lingua completa de cada animal xunto cos primeiros anelos traqueais.

b) Entrega-la mostra na oficina comarcal dos servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública á que pertenza o seu concello. A entrega deberá facerse de xeito persoal ou mediante autorización escrita a un terceiro.

c) Realizar, segundo o modelo normalizado recollido no anexo I da presente orde, a solicitude de realización da análise parasitolóxica.

d) Aboa-lo importe das taxas.

Artigo 5º

Os servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública da comarca poderán rexeita-la recollida de mostras que non reúnan as características anatómicas reguladas no artigo 4º ou cando, polo estado das mesmas, non sexa posible sometelas á análise correspondente. O rexeitamento será motivada e axustarase o modelo establecido no anexo II desta orde.

Artigo 6º

Os servicios veterinarios oficiais realizarán a análise parasitololóxica das mostras que lles sexan entregadas, buscarán a presencia de Triquinella espiralis e emitirán un dictame co resultado da análise, segundo o modelo normalizado recollido no anexo III da presente orde.

O dito dictame seralle entregado ó interesado, logo de presentación do impreso de aboamento de taxas debidamente selado pola entidade bancaria onde se efectuou o ingreso, nun prazo máximo de 48 horas hábiles, contadas a partir da entrega da mostra.

Artigo 7º

Para os efectos de recollida de mostras e entrega do dictame correspondente, en cada comarca veterinaria, durante o período de duración do programa regulado pola presente orde, establecerase un horario para que se efectúen ditas operacións. A distribución

das zonas e comarcas, así como os enderezos, recóllense no anexo IV desta orde.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Sercicios Sociais

ANEXO II

Don/a......... inspector veterinario oficial de saúde pública da comarca........... zona veterinaria de........., con nº de código persoal........

DECLARA:

Que se rexeita a mostra de porcino presentada por Don/a..... con DNI.... e enderezo.... por:

o Non axustarse ós caracteres anatómicos esixidos

o Atoparse en mal estado

En..., ... de... de 1995

Asdo:...

O inspector veterinario oficial de Saúde Pública

ANEXO III

DICTAME DE ANÁLISE PARASITOLÓXICO

Don/a........ inspector veterinario oficial de saúde pública da zona........ comarca.......... con nº de código persoal......

DECLARA:

Que a análise parasitolóxico realizado á mostra de lingua compreta, identificada co número......., deu un resultado: (rísquese o que non proceda)

POSITIVO (presencia de triquina)

NEGATIVO (non presencia de triquina)

O que pon en coñecemento do propietario da mosta para que actúe en consecuencia, lembrándolle a necesidade de destruí-la carne no caso de ser un resultado positivo.

En..., ... de... de 199...

Asdo.:...

O inspector veterinario

ANEXO IV

Provincia: A Coruña.

1. Zona I: A Coruña

ComarcaConcellos

A CoruñaA Coruña, Arteixo, Laracha, Cerceda, Culleredo, Oleiros, Sada, Bergondo, Cambre, Carral
BetanzosBetanzos, Oza dos Ríos, Coirós, Paderne, Miño, Vilarmaior, Monfero, Irixoa, Aranga, Curtis, Cesuras, Abegondo

ComarcaConcellos

CarballoCarballo, Coristanco, Zas, Cabanas, Ponteceso, Malpica

Enderezos:

Comarcas:

A Coruña: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, r/ Gregrio Hernández, 2-4, A Coruña. Teléfono: 18 58 38.

Betanzos: centro de saúde de Oza dos Ríos. Teléfono: 78 57 37.

Carballo: antiguo centro de saúde de Carballo, Avda. Ambulatorio, s/n. Baixo. Teléfono: 75 68 95.

2. Zona II: Santiago de Compostela.

ComarcaConcellos

Santiago

de Compostela

Santiago de Compostela, Teo, Padrón, Dodro, Rois, Brión, Ames, Negreira, A Baña, Santa Comba, Val do Dubra, O Pino, Boqueixón, Vedra.
OrdesOrdes, Mesía, Frades, Oroso, Trazo, Tordoia
ArzúaArzúa, Touro, Vilasantar, Boimorto
MelideMelide, Santiso, Toques, Sobrado

Enderezos:

Comarcas:

Santiago de Compostela: centro de saúde de Conxo, R/ Plaza Martín Herrera nº 2. Teléfono: 53 11 39.

Ordes: centro de saúde de Ordes. Campo da Feira s/n. Teléfono: 68 01 37.

Arzúa: edificio do concello. Teléfono 50 00 00.

Melide: centro de saúde de Melide. Estrada de Agolada. Teléfono: 50 61 76.

3. Zona III: Ferrol.

ComarcaConcellos

FerrolFerrol, Narón, Neda, Fene, Mugardos, Ares, Pontedeume, Cabanas, A Capela, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas, Moeche, Valdoviño

ComarcaConcellos

OrtigueiraOrtigueira, Cerdido, Cedeira, Cariño, Mañón

Enderezos:

Comarcas:

Ferrol: ambulatorio Fontenla Maristany, r/ Praza de España, nº 19-20. Teléfono: 32 63 63.

Ortigueira: antigo edificio do concello. Teléfono: 42 24 45.

4. Zona IV: Noia.

ComarcaConcellos

NoiaNoia, Lousame, Porto do Son, Outes, Muros, Carnota
BoiroBoiro, Rianxo
RibeiraRibeira, A Pobra do Caramiñal
VimianzoVimianzo, Laxe, Camariñas, Muxía, Dumbría, Cee, Fisterra, Corcubión, O Pindo, Mazaricos

Enderezos:

Comarcas:

Noia: centro de saúde de Lousame. Portobravo. Teléfono: 82 44 00.

Boiro: centro de saúde de Boiro. Barraña, Saltiño s/n. Teléfono: 84 80 51.

Ribeira: casa da cultura. Teléfono: 87 42 11.

Vimianzo: centro de saúde de Laxe. Avda. Cesáreo Pondal, s/n. Teléfono: 73 51 68.

Provincia: Lugo.

1. Zona I: Lugo.

ComarcaConcellos

LugoLugo, Guntín, Portomarín, Taboada, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Friol, Guitiriz, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Pol, Baleira, Castroverde, Baralla, O Corgo
SarriaSarria, Paradela, O Páramo, Láncara, Triacastela, Samos, O Incio

ComarcaConcellos

VilalbaVilalba, Xermade, Muras, Abadín, Cospeito
BecerreáBecerreá, Navia de Suarna, Cervantes, As Nogais, Pedrafita
MeiraMeira, A Pastoriza, Riotorto, A Pontenova, Ribeira de Piquín
A FonsagradaA Fonsagrada, Negueira de Muñiz

Enderezos:

Comarcas:

Lugo: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, r/ Montevideo, 9. Teléfono: 29 41 25.

Sarria: casa da cultura, r/ Marqués de Ujena, s/n. Teléfono: 53 12 37.

Villalba: edificio do concello, r/ Praza da Constitución, nº 1. Teléfono: 51 23 09.

Becerreá: centro de saúde. Teléfono: 36 01 02.

Meira: centro de saúde. Rejo de San Vicente, s/n. Teléfono: 33 06 30.

A Fonsagrada: centro de saúde. Lugar dos Chaos, s/n. Teléfono: 35 00 34.

2. Zona II: Cervo-Burela.

ComarcaConcellos

Cervo-BurelaCervo, Foz, Valadouro, Xove, Alfoz
MondoñedoMondoñedo, Lourenzá
RibadeoRibadeo, Trabada, Barreiros
ViveiroViveiro, O Vicedo, Ourol

Enderezos:

Comarcas:

Cervo-Burela: Hospital Comarcal da Costa, r/ Rafael Vior, s/n. Teléfono: 58 62 00.

Mondoñedo: centro de saúde. Avda. Remedios, s/n. Teléfono: 52 13 55.

Ribadeo: centro de saúde, r/ Reinante, s/n. Teléfono: 10 10 88.

Viveiro: centro de saúde, r/ Alonso Pérez, s/n. Teléfono: 55 16 06.

3. Zona III: Monforte de Lemos.

ComarcaConcellos

MonforteMonforte de Lemos, Pantón, O Saviñao, Bóveda, A Pobra de Brollón, Sober
ChantadaChantada, Carballedo
QuirogaQuiroga, Ribas do Sil, Folgoso do Caurel

Enderezos:

Comarcas:

Monforte: centro de sanidade. Avda. de Galicia, 77. Monforte. Teléfono: 41 12 20.

Chantada: centro de saúde. Avda. Monforte, nº 79. Teléfono: 46 20 54.

Quiroga: centro de saúde. Teléfono: 43 51 71.

Provincia: Ourense.

1. Zona I: Ourense.

ComarcaConcellos

OurenseOurense, Toén, Amoeiro, Vilamarín, Coles, A Peroxa, Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, Taboadela, Paderne, San Cibrao das Viñas, Barbadás, Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira
O CarballiñoO Carballiño, Boborás, Beariz, O Irixo, Piños de Cea, Maside, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea
CelanovaCelanova, Quintela de Leirado, Ramirás, Gomesende, Cartelle, A Merca, A Bola, Verea, Bande, Muíños, Lobios, Entrimo, Lobeira
RibadaviaRibadavia, Melón, Avión, Leiro, Cenlle, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Arnoia, Cortegada, Pontedeva, Padrenda, Beade

Enderezos:

Comarcas:

Ourense: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Avda. de Zamora, 37. Teléfono: 38 63 31.

O Carballiño: praza de abastos. Teléfono: 27 33 12.

Celanova: centro de saúde. Teléfono: 43 13 25.

Ribadavia: centro de saúde, rúa do Carballiño, s/n. Teléfono: 47 20 48.

2. Zona II: Verín.

ComarcaConcellos

VerínVerín, Baltar, Oimbra, Monterrei, Cualedro, Laza, Castrelo do Val, Vilariño de Conso, Viana do Bolo, A Mezquita, A Gudiña, Riós, Vilardevós.
Xinzo de LimiaXinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, Sandiás, Vilar de Barrio, Sarreaus, Trasmiras, Calvos de Randín, Os Blancos

Enderezos:

Comarcas:

Verín: fundación Hospital Verín, estrada de Laza, s/n. Teléfono: 41 45 12.

Xinzo de Limia: centro de saúde, r/ Ladeira, s/n. Teléfono: 46 27 46.

3. Zona III: O Barco de Valdeorras.

ComarcaConcellos

O BarcoO Barco de Valdeorras, Petín, Larouco, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, Rubiá, Carballeda de Valdeorras, A Veiga, O Bolo
A Pobra de Trives A Pobra de Trives, Manzaneda, Río, Chandrexa de Queixa

Enderezos:

Comarcas:

O Barco: centro de saúde, r/ Calabagueiros, s/n. Teléfono: 32 26 91.

A Pobra de Trives: centro de saúde. Teléfono: 33 09 64.

Provincia: Pontevedra.

1. Zona I: Pontevedra.

ComarcaConcellos

PontevedraPontevedra, Poio, Moraña, Campolameiro, Cotobade, Lama, Ponte-Caldelas, Soutomaior, Vilaboa, Barro
Vilagarcía

de Arousa

Vilagarcía de Arousa, Catoira, Caldas de Reis, Portas, Ribadumia, Meis, Cambados, Vilanova de Arousa
SanxenxoSanxenxo, O Grove, Meaño
CangasCangas, Moaña
MarínMarín, Bueu

Enderezos:

Comarcas:

Pontevedra: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade Servicios Sociais, Avda. de Vigo, 17. Teléfono: 80 58 15.

Vilagarcía de Arousa: centro de saúde, r/ Juan Carlos I, nº 38. Teléfono: 50 84 40.

Sanxenxo: centro de saúde de Portonovo, Baltar nº 2. Teléfono: 69 02 12.

Cangas: casa da cultura, r/ Praza de San Xoán, s/n. Rodeira. Teléfono: 30 45 51.

Marín: praza de abastos. Teléfono: 88 23 40.

2. Zona II: Vigo.

ComarcaConcellos

VigoVigo
PorriñoO Porriño, Mos, Salceda de Caselas
TuiTui, Tomiño, O Rosal, A Guarda
PonteareasPonteareas, Mondariz Balneario, Mondariz, O Covelo, As Neves, Salvaterra de Miño
A CañizaA Cañiza, Crecente, Arbo
RedondelaRedondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes

ComarcaConcellos

Val MiñorBaiona, Nigrán, Gondomar, Oia

Enderezos:

Comarcas:

Vigo: edificio do concello, praza del Rei, s/n. Teléfono: 43 83 63.

O Porriño: centro de saúde, r/ Fernández Areal. Teléfono: 33 83 44.

Tui: centro de servicios sociais. Teléfono: 60 37 46.

Ponteareas: centro de saúde, barrio As Cachadas, s/n. Teléfono: 66 19 96.

A Cañiza: centro de saúde, r/ Vilanova, s/n. Teléfono: 65 22 84.

Redondela: centro de saúde en Chapela, Avda. Redondela, s/n. Teléfono: 45 40 60.

Val Miñor: centro de saúde de Valmiñor. Teléfono: 35 22 53.

3. Zona III: Lalín.

ComarcaConcellos

LalínLalín, Silleda, Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro, Dozón
A EstradaA Estrada, Forcarei, Cerdedo, Cuntis, Valga, Pontecesures

Enderezos:

Comarcas:

Lalín: centro de saúde de Lalín, r/ Fe. Teléfono: 78 47 03.

A Estrada: concello da Estrada. Teléfono: 57 05 49.

95-7574