Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 20 de novembro de 1995 Páx. 8.505

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 8 de novembro de 1995 pola que se resolve a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 2 de xuño de 1995 (DOG número 117, do 20).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 2 de xuño de 1995 (DOG nº 117, do 20 de xuño), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do

26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normativa vixente, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro: designa-la funcionaria que se cita no anexo desta orde para ocupa-lo posto que así mesmo se sinala.

Segundo: o cesamento no actual destino efectuarase segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no DOG.

A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do día seguinte ó do cesamento, ó tratarse de posto radicado na mesma localidade.

Terceiro: a xefatura de persoal do centro onde cause alta a funcionaria efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto: contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñerlo.

Santiago, 8 de novembro de 1995.

(P.D. 13-12-1993)

Secretario xeral e do Patrimonio e da Consellería de Economía e Facenda

ANEXO

N.R.P.: 3327168568 A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Conde García, Mª Soledad.

Denominación e código do posto: Secretaria de directora xeral. EPC050000015770001.

Nivel: 18.

C. específico: 506.772.

Centro directivo: Dirección Xeral de Orzamentos.

Localidad: Santiago de Compostela.

9507572