Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 17 de novembro de 1995 Páx. 8.474

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de novembro de 1995 pola que se convocan concursos de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas.

De conformidade co establecido no artigo 1 da Lei 24/1994, do 12 de xullo (BOE do 13), pola que se establecen normas sobre concursos de provisión de postos de traballo para funcionarios docentes, e existindo prazas vacantes nos centros docentes, que se deben prover entre funcionarios dos corpos que a continuación se citan, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dispuxo convocar concurso de traslados referido ó seu ámbito territorial, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Convócase concurso de traslados, de acordo coas especificacións que se citan na presente orde, para a provisión de prazas vacantes entre funcionarios docentes dos corpos de:

-Profesores de ensino secundario.

-Profesores técnicos de formación profesional.

-Profesores de escolas oficiais de idiomas.

-Catedráticos de música e artes escénicas.

-Profesores de música e artes escénicas.

-Profesores de artes plásticas e deseño.

-Mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Segunda.-Publicación de prazas correspondentes ós corpos citados no apartado anterior.

As prazas para o curso 1996/97 correspondentes ós citados corpos publicaranse, relacionadas por centros, no Diario Oficial de Galicia.

Ó amparo da presente orde convócanse, ademais das vacantes previstas no momento da convocatoria, as que se produzan ata o 31 de decembro de 1995 e as que resulten da resolución do concurso en cada corpo polo que se concursa. Ademais incluiranse aquelas vacantes que se orixinen como consecuencia das xubilacións forzosas que se produzan ata a finalización do curso 1995/96. Todas elas sempre que se correspondan con prazas que teñan o seu funcionamento previsto na planificación xeral educativa. Non se incluirán no presente concurso as posibles vacantes que puidesen orixinarse en virtude da resolución dos concursos que puidesen convocar durante este curso o Ministerio de Educación e Ciencia e as administracións educativas das comunidades autónomas que se encontren en pleno exercio das competencias en materia educativa.

Terceira.-Corpo de profesores de ensino secundario.

Os profesores pertencentes a este corpo poderán solicita-las seguintes prazas:

1. Prazas correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros que figuran no anexo I da presente orde, e para as especialidades que se indican no anexo VI.

2. Prazas correspondentes á especialidade de tecnoloxía para os centros consignados no anexo I coa sigla «T». Os profesores de ensino secundario poderán optar, por unha soa vez, a partir deste concurso, a prazas desta especialidade, aínda non sendo titulares da mesma sempre que reúnan as seguintes condicións:

-Ter destino no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Estar en posesión do título de enxeñeiro, arquitecto, doutor ou licenciado en ciencias físicas, ciencias químicas, licenciado da mariña civil, licenciado en ciencias, enxeñeiro técnico, diplomado na mariña civil ou arquitecto técnico.

3. Prazas correspondentes ás especialidades de economía, procesos de cultivo acuícola, procesos e productos de vidro e cerámica e procesos de transformación e conservación de alimentos.

De conformidade coa disposición transitoria quinta e o anexo V do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, poderán solicitar estas prazas, por unha soa vez, e con ocasión de vacante, os profesores de ensino secundario que aínda non sendo titulares da especialidade, teñan destino no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e estean en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

Para economía:

-Licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado e investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

Para procesos de cultivo acuícola:

-Licenciado en bioloxía e licenciado en ciencias do mar.

Para procesos e productos de vidro e cerámica:

-Licenciado en química, enxeñeiro industrial e enxeñeiro técnico industrial, especialidade química.

Para procesos de transformación e conservación de alimentos:

- Licenciado en bioloxía, química ou farmacia.

4. Prazas de «cultura clásica». Teñen esta denominación aquelas prazas ás que, de conformidade co establecido na disposición adicional décima do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, poden acceder indistintamente os titulares das especialidades de latín ou grego. Estas prazas aparecerán convenientemente diferenciadas nos cadros de persoal dos centros e o profesor que acceda a elas estará obrigado a impartir

tanto as materias ou áreas atribuídas á especialidade de grego como de latín.

Cuarta.-Profesores técnicos de formación profesional.

Os profesores pertencentes a este corpo poderán solicita-las seguintes prazas:

1. Prazas correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros que figuran no anexo I, e para as especialidades que figuran no anexo VII.

2. Prazas correspondentes á especialidade de tecnoloxía para os centros que aparecen consignados no anexo I coa sigla «T». Os profesores técnicos de formación profesional poderán optar, por unha soa vez, a prazas desta especialidade sempre que reúnan as seguintes condicións:

-Ter destino no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Estar en posesión do título de enxeñeiro, arquitecto, doutor ou licenciado en ciencias físicas, ciencias químicas, licenciado da mariña civil, licenciado en ciencias, enxeñeiro técnico, diplomado na mariña civil ou arquitecto técnico.

3. Prazas correspondentes ás especialidades de instalación e equipos de cría e cultivo, instalación e mantemento de equipos térmicos e fluídos e operacións de preparación e tratamento de alimentos.

De conformidade coa disposición transitoria quinta e o anexo V do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, poderán solicitar estas prazas, por unha soa vez, e con ocasión de vacante, os profesores técnicos de formación profesional que aínda non sendo titulares da especialidade teñan destino no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e estean en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

Para instalacións e equipos de cría e cultivo:

-Licenciado en bioloxía ou enxeñeiro técnico agrícola.

Para instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídos:

-Enxeñeiro, licenciado da mariña civil, enxeñeiro técnico aeronáutico, enxeñeiro técnico industrial, enxeñeiro técnico de minas, enxeñeiro técnico naval ou diplomado da mariña civil.

Para operacións de preparación e tratamento de alimentos:

-Licenciado en bioloxía, en química, en farmacia ou enxeñería técnica agrícola.

Quinta.-Profesores de escolas oficiais de idiomas.

Os profesores pertencentes a este corpo, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo II e para as especialidades que figuran no anexo VIII.

Sexta.-Catedráticos e profesores de música e artes escénicas.

1. Os catedráticos do corpo de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades que figuran no anexo IX.

2. Os profesores de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicitar prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades que figuran no anexo X.

Sétima.-Profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

1. Os profesores do corpo de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV, para as especialidades que figuran no anexo XI.

2. Os mestres de taller de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicitar prazas dos centros que aparecen no anexo IV, para as especialidades que figuran no anexo XII.

Oitava.-Participación voluntaria:

1. Poderán participar con carácter voluntario neste concurso de traslados:

a) Os funcionarios que estean en situación de servicio activo con destino definitivo en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que, de conformidade co establecido no parágrafo segundo do número 6 da disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, transcorresen ó remate do presente curso académico, polo menos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

b) Os funcionarios que se atopen en situación de servicios especiais declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Eduación e Ordenación Universitaria, sempre que trascorresen ó remate do presente curso académico, polo menos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

c) Os funcionarios que estean en situación de excedencia voluntaria declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Se se tratase dos supostos de excedencia voluntaria por interese particular ou por agrupación familiar contempladas nos apartados 2 e 3 do artigo 55 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública galega, só poderán participar se ó finaliza-lo curso escolar en que se realicen as convocatorias trascorresen dous anos desde que pasaron a esta situación.

d) Os funcionarios que se atopen en situación de suspensión declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que ó finaliza-lo curso escolar en que se realicen as convocatorias transcorre

se o tempo de duración da sanción disciplinaria de suspensión.

2. Para os efectos previstos no apartado 1 entenderase como data de finalización do curso académico a do 30 de setembro de 1996.

3. Para participar no concurso de traslados na especialidade de xeografía e historia, será requisito imprescindible ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, te-la validación correspondente ou telo superado a través de proba libre. Para estes únicos efectos, entenderase que reúnen este requisito os que superasen a proba de coñecementos da lingua galega no procedemento selectivo de acceso ó corpo de profesores de ensino secundario.

Este requisito deberá posuírse e xustificarse no prazo de reclamacións e renuncias previsto na base décimo sétima.

4. Os que desexen exercer un dereito preferente para a obtención de destino deberán aterse ó que se determina na base décima desta convocatoria.

Novena.-Participación forzosa

1. Están obrigados a optar ás prazas anunciadas nesta convocatoria, dirixindo a súa instancia á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos termos indicados na base décimo segunda, os funcionarios que se atopen nalgunha das situacións que se indican a continuación:

a) Funcionarios que, procedentes da situación de excedencia ou suspensión de funcións, reingresasen con destino provisional no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con anterioridade á data de publicación desta convocatoria.

No suposto de que non participen no presente concurso ou non soliciten suficiente número de prazas vacantes, adxudicaráselles de oficio destino definitivo en prazas que poidan ocupar segundo as especialidades das que sexan titulares, en centros situados na Comunidade Autónoma.

De non adxudicárselles destino definitivo permanecerán na situación de destino provisional.

b) Os funcionarios que se atopen na situación de excedencia forzosa ou suspensión de funcións con perda do posto de destino e que, cumprida a sanción, non obtivesen un reingreso provisional, e que fosen declarados nestas situacións desde un centro dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Os funcionarios incluídos no parágrafo anterior, no suposto de non participaren no presente concurso, ou se participando non solicitasen suficiente número de centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos que corresponde impartir ensinanzas ó seu corpo, cando non obtivesen destino definitivo, quedarán na situación de excedencia voluntaria, prevista no apartado 2.a) do artigo 55 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública galega.

c) Os funcionarios que, estando adscritos a prazas no exterior, deban reincoporarse ó ámbito territorial de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no curso 1996/97.

Os profesores que desexen exerce-lo dereito preferente á localidade a que se refire o artigo 52.2º do Real decreto 1027/1993, do 25 de xuño, deberán solicitar, de conformidade co establecido na base décima da presente convocatoria, tódalas prazas ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares correspondentes ós centros da localidade na que tiveron o seu último destino definitivo. No suposto de que non obteñan destino, quedarán adscritos provisionalmente á dita localidade.

d) Os funcionarios que se atopen adscritos en postos da función inspectora e deban reincorporarse á docencia no curso 1996/97.

Se desexan exerce-lo dereito preferente ó que se refire o artigo 30 do Decreto 135/1993, do 24 de xuño, deberán solicitar, de conformidade co establecido na base décima da presente convocatoria, tódalas prazas ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares correspondentes ós centros da localidade na que tiveron o seu último destino definitivo.

No suposto de que non obteñan destino quedarán adscritos provisionalmente á dita localidade.

e) Os funcionarios que perdesen o seu destino definitivo en cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, ou por serlles suprimido expresamente o posto que desempeñaban con carácter definitivo.

Para os efectos desta convocatoria, só terán carácter de postos expresamente suprimidos os correspondentes á supresión de centros, sempre que estes non desen lugar á creación doutro centro, e á de ensinanzas extinguidas no centro sen que fosen substituídas por outras equivalentes ou análogas.

Estes profesores poderán exerce-lo dereito preferente ó centro a que se refire o artigo 4 do Real decreto 1701/1991, do 29 de novembro na súa redacción dada polo Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, na forma que se indica na base décima da presente convocatoria.

f) Os profesores con destino provisional que durante o curso 1995/96 estean prestando servicios en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e que figuren como tales na Orde do 15 de xuño de 1995 (DOG do 27) pola que se resolvía o concurso de traslados do curso anterior e os opositores aprobados pola Orde do 12 de agosto de 1991 (DOG do 23) que aínda non teñan destino definitivo. Estes funcionarios están obrigados a solicitar prazas da especialidade coa que figuran na antedita orde, podendo ademais incluír nas mesmas condicións postos ós que poidan optar en virtude das especialidades das que, se é o caso, sexan titulares.

Ós profesores incluídos neste apartado que non concursen ou que facéndoo non soliciten suficiente número de prazas vacantes adxudicaráselles de oficio des

tino definitivo en postos ós que poidan optar pola especialidade da que sexan titulares en centros situados na Comunidade Autónoma.

No caso de non obteren destino definitivo serán destinados provisionalmente pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo procedemento que se estableza.

A adxudicación de destino ós concursantes que, participando por este apartado f), resultaron seleccionados nos procedementos selectivos correspondentes á convocatoria de 1991, farase respectando en cada caso as preferencias establecidas na disposición adicional décimo sexta, número 2 e 6, da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e as disposicións que con carácter xeral se establecen na antedita convocatoria. En consecuencia, calquera aspirante que superase os procedementos selectivos mencionados polas quendas de acceso por unha especialidade, ten preferencia para a obtención de destino definitivo sobre os aspirantes seleccionados pola quenda libre ou reserva de minusválidos desa mesma especialidade da súa promoción e posteriores. Se en virtude desta preferencia a un participante das quendas de acceso lle correspondese unha praza solicitada por concursantes con maior puntación provenientes da quenda libre ou reserva de minusválidos da mesma

promoción ou seguintes e que fose, ademais, solicitada por concursantes de promocións anteriores a 1991 con maior puntuación que os da quenda de acceso, a praza adxudicaríaselles ós de promocións anteriores a 1991 segundo lles corresponda pola súa orde de puntuación.

g) Os funcionarios en prácticas que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de xuño de 1994.

h) Os funcionarios en prácticas que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 28 de marzo de 1995.

2. Os participantes no concurso polos apartados g) e h) do número anterior farano con cero puntos. A adxudicación de destino efectuarase polo número de orde co que figuran nos anexos das ordes do 7 de febreiro de 1995 (DOG do 15), e do 27 de xullo e 2 de agosto de 1995 (DOG do 23 de agosto, ámbalas dúas), tendo en conta que primeiro adxudicarase destino ós funcionarios en prácticas que concursan polo apartado g).

A aqueles profesores que debendo participar por estes apartados g) e h) non presenten instancia ou participando non soliciten suficiente número de centros, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adxudicaralles de oficio destino definitivo en prazas que poidan ocupar segundo as especialidades das que sexan titulares ou, se é o caso, destino provisional.

O destino que puidese corresponderlles estará condicionado, se é o caso, á superación da fase de prácticas e o nomeamento como funcionario de carreira.

Décima.-Dereitos preferentes.

Os profesores que se acollan ó dereito preferente farano constar nas súas instancias, indicando a causa na que apoian a súa petición.

Para os efectos de solicitude de prazas só se terán en conta os seguintes dereitos preferentes:

1. Dereito preferente ó centro.

1.1. Dereito preferente a prazas, no centro no que teñan destino definitivo, da nova especialidade adquirida en virtude do procedemento selectivo convocado pola Orde do 28 de marzo de 1995.

De conformidade co disposto no artigo 4.1º do Real decreto 1701/1991, do 29 de novembro, na súa redacción dada pola disposición adicional cuarta do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, os funcionarios de carreira que adquiriran unha nova especialidade ó seren declarados «aptos» no procedemento selectivo convocado por Orde do 28 de marzo de 1995, gozarán de preferencia, por unha soa vez, e con ocasión de vacante, para obter destino en prazas de nova especialidade adquirida no centro donde teñan destino definitivo, sen prexuízo do establecido no apartado 1.2 desta base. Para exercitar este dereito preferente, deberán consignar na solicitude de participación, en primeiro lugar, o código do centro e especialidade á que corresponda a vacante, podendo consignar ademais outras peticións correspondentes a prazas ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares, se desexan concursar a elas fóra do dereito preferente.

1.2. Dereito preferente para obter postos no centro donde tivesen destino definitivo.

De conformidade co disposto no artigo 4.2º do Real Decreto 1701/1991, do 29 de novembro, na súa redacción dada pola disposición adicional cuarta do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, os profesores desprazados do posto de traballo no que teñan destino definitivo por declaración expresa de supresión do mesmo ou por insuficiencia de horario, gozarán mentres se manteña esta circunstancia de dereito preferente ante calquera outro aspirante para obter calquera outro posto no mesmo centro, sempre que reúna os requisitos esixidos para o seu desempeño.

De conformidade co disposto na base novena, apartado e), só terán carácter de postos expresamente suprimidos os correspondentes á supresión de centros sempre que estes non desen lugar á creación doutro centro e á de ensinanzas nas que a impartición se extinguise no centro sen que fosen substituídas por outras equivalentes ou análogas.

Igualmente e para os únicos efectos de acollerse a esta preferencia, se considerarán desprazados do seu posto por falta de horario ós profesores que no presente curso académico impartisen todo o seu horario noutro centro distinto daquel no que teñen o seu destino definitivo ou en áreas, materias ou módulos non atribuídos a súa especialidade. Esta circunstancia deberá acreditarse mediante a resolución correspondente da delegación provincial ou da Dirección Xeral de Persoal ou con certificado expedido pola dirección do centro co visto e prace do servicio da Inspección

Educativa facendo consta-las especialidades impartidas.

Cando concorran dous ou máis profesores nos que se dea a circunstancia sinalada no parágrafo anterior, adxudicarase a praza ó profesor que conte con maior puntuación no presente concurso de traslados.

O profesorado que desexe exercer este dereito deberá consignar na instancia de participación en primeiro lugar o código do centro e especialidade á que corresponda vacante. Igualmente, poderán incluír a continuación outras peticións correspondentes a prazas doutros centros ás que poidan optar en virtude das especialidades de que sexan titulares, se desexan concursar a elas fóra do dereito preferente.

1.3. Dereito preferente para a adscrición a prazas de tecnoloxía

De conformidade co establecido na disposición transitoria segunda do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, os profesores que teñan destino definitivo no centro terán preferencia para seren adscritos ás prazas de tecnoloxía. Se desexan exercer este dereito deberán consignar na súa instancia de participación no primeiro lugar o código do centro e especialidade a que corresponde a vacante.

Poderán incluír a continuación outras peticións correspondentes a prazas ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares, se desexan concursar a elas fóra do dereito preferente.

1.4. Os funcionarios dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional que estean en posesión das titulacións consignadas na base terceira, apartados 3 e 4 e na base cuarta apartado 3, respectivamente, desta convocatoria, para cada especialidade, gozarán de dereito preferente, sen prexuízo do disposto no apartado 1.2 desta base, para seren adscritos ás especialidades á que se refire o anexo V do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, no caso de ter destino definitivo no centro a que corresponda a vacante.

Se desexan exercitar este dereito deberán consignar na instancia de participación, en primeiro lugar, o código do centro e especialidade á que corresponda a vacante. Así mesmo, poderán incluír a continuación outras peticións correspondentes a prazas da mesma especialidade doutros centros ou doutras especialidades ás que poidan optar, se desexan concursar a elas fóra do dereito preferente.

2. Dereitos preferentes á localidade.

2.1. Dereitos preferentes á localidade previstos no Real decreto 1027/1993, do 25 de xuño, polo que se regula a acción educativa no exterior, e Decreto 135/1993, do 24 de xuño, polo que se regulan as funcións e organización do servicio da Inspección Educativa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os funcionarios que gocen do dito dereito poderán facer uso del para a localidade onde tiveron o seu último destino definitivo no corpo. Para que o dereito preferente teña efectividade, os solicitantes están obrigados a consignar na súa instancia e participación

en primeiro lugar tódalas prazas correspondentes ás especialidades ás que poidan optar dos centros convocados no concurso de traslados dentro da localidade na que aspiren a exerce-lo dito dereito, relacionados por orde de preferencia. No caso de que se omitisen algúns dos centros da localidade onde desexen exercelo, a Administración, de oficio, consignará os centros restantes da dita localidade.

Poderán incluír a continuación outras peticións correspondentes a prazas ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares, se desexan concursar a elas fóra do dereito preferente.

Décimo primeira.-Forma de participación.

Aínda que se concurse por máis dunha especialidade, os concursantes presentarán unha única instancia, acompañada dunha folla de servicios certificada, axustada ó modelo que se atopará á disposición dos interesados nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e simultaneamente presentarán, para a demostración dos méritos, os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo V á presente orde, en cada un dos que deberá facerse constar nome, apelidos, especialidade e corpo. As follas de servicio deberán ir certificadas polo centro ou unidade administrativa na que se atope adscrito o concursante ou, se é o caso, por aquel no que exercese o seu último destino docente.

A instancia dirixirase á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

No momento de presentación da instancia de participación os méritos alegados deberán ser xustificados documentalmente, segundo determina o baremo, consignando os datos ós que se refire o primeiro parágrafo desta base.

Os aspirantes que soliciten prazas que estean condicionadas á posesión de un título académico determinado, deberán achegar, ademais, fotocopia do título académico correspondente.

Tódalas fotocopias que se remitan deberán ir acompañadas das dilixencias de compulsa, expedidas polos directores dos centros ou das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Non se admitirá ningunha fotocopia que careza da dilixencia de compulsa.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá requirir ó interesado, en calquera momento, a xustificación daqueles méritos alegados que non estean debidamente acreditados.

Aínda que se concorra a prazas de diferentes especialidades só poderá obterse un único destino.

Décimo segunda.-As instancias, así como a documentación á que se alude no apartado anterior, poderanse presentar nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No caso de que optasen por presenta-la súa solicitude ante unha oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

Décimo terceira.-O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de quince días hábiles a contar desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha solicitude.

Unha vez concluído o prazo de presentación de instancias non se admitirá ningunha modificación ás peticións formuladas. Non obstante, admitiráselles renuncia a participar no concurso de traslados ós concursantes con carácter voluntario no prazo establecido para as reclamacións á lista provisional, na base décimo sétima, entendendo que tal renuncia afecta a tódalas peticións e especialidades consignadas na súa instancia de participación.

Décimo cuarta.-Os asinantes das instancias deberán manifestar nelas, de modo expreso, que reúnen os requisitos esixidos na convocatoria, consignando os centros que soliciten por orde de preferencia, cos números de código e especialidade que figuran nos anexos á presente orde.

Décimo quinta.-Para a avaliación dos méritos alegados polos concursantes, no que se refire ós apartados 1.4 e 2.1 do baremo de puntuacións, anexo V á presente orde, a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria designará as comisións dictaminadoras oportunas, compostas polos seguintes membros:

A) Para o corpo de profesores de ensino secundario:

-Un presidente nomeado entre os funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa ou funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario coa condición de catedrático.

-Vocais: catro profesores do corpo de profesores de ensino secundario, en activo.

B) Para o corpo de profesores técnicos de formación profesional:

-Un presidente, nomeado entre funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa ou funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario ou profesores técnicos de formación profesional en activo.

-Catro vocais, todos eles funcionarios dos corpos de profesores de ensino secundario ou profesores técnicos de formación profesional en activo.

C) Para o corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas:

-Un presidente, nomeado entre os funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa ou funcionario do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

-Catro vocais do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas en activo.

D) Para os corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño:

-Un presidente, nomeado entre funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa, ou funcionario do corpo de profesores de artes plásticas e deseño.

-Catro vocais, funcionarios de carreira dos corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño en activo.

Poderase, se é o caso, nomear comisións para os corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas.

En cada unha das comisións dictaminadoras anteriores actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal de entre os que exerzan funcións na dita dirección xeral.

Ademais, poderá asistir ás comisións dictaminadoras un representante de cada organización sindical con presencia na mesa sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.

As comisións dictaminadoras poderán solicita-lo asesoramento que consideren oportuno.

Os membros das comisións estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A asignación da puntuación que lles corresponde ós concursantes, polos restantes apartados do baremo de méritos, levarao a efecto unha comisión constituída por funcioinarios destinados na unidade de persoal da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para efectos do previsto no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

Décimo sexta.-Unha vez recibidas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as actas das comisións dictaminadoras, coas puntuacións asignadas ós concursantes, procederase, conforme ás peticións e ós méritos dos participantes, á adxudicación dos destinos e faranse públicas, nas súas delegacións provinciais, as resolucións provisionais dos concursos de traslados.

No caso de se produciren empates no total das puntuacións, estes resolveranse atendendo sucesivamente á maior puntuación en cada un dos apartados do baremo, pola orde na que aparecen nel. Se persistise o empate, atenderase á puntuación obtida nos distintos subapartados pola orde, igualmente, en que aparecen no baremo. A estes efectos, deberá terse en conta que en aqueles apartados ou subapartados do baremo para os que se estableza unha puntuación máxima, a puntuación outorgada ós concursantes non poderán supera-la mesma. De resultar necesario, utilizarase sucesivamente como último criterio de desempate a orde do primeiro, e se é o caso, segundo apelidos, tendo en conta que deberá contarse para cada un deles a partir de dúas letras que serán determinadas mediante sorteo realizado para o efecto pola Dirección Xeral de Persoal.

A celebración do sorteo ó que se refire o apartado anterior terá lugar na Sala de Xuntas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (San Caetano s/n, Santiago de Compostela) o día 29 de novembro de 1995 ás 10 horas. O seu resultado farase público no Diario Oficial de Galicia.

Décimo sétima.-Os concursantes poderán presentar reclamacións ás resolucións provisionais, a través do órgano no que presentaron a súa instancia de participación, no prazo de dez días naturais a partir da súa exposición.

Así mesmo, no mesmo prazo, poderán presentar renuncia á súa participación no concurso nas condicións establecidas na base décimo terceira desta convocatoria. Estas reclamacións ou renuncias presentaranse polos procedementos a que alude a base décimo terceira.

Décimo oitava.-Consideradas as reclamacións e renuncias a que se refire a base anterior, a Dirección Xeral de Persoal procederá a dicta-las resolucións definitivas destes concursos de traslados. A dita resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia. As prazas adxudicadas na dita resolución son irrenunciables, polo que deberán incorporarse ás prazas obtidas.

Décimo novena.-Os profesores excedentes que reingresen ó servicio activo como consecuencia do concurso, presentarán ante a delegación provincial da que dependa o centro obtido mediante o concurso de traslados, declaración xurada ou promesa de non se atoparen separados de ningún corpo ou escala da Administración do Estado, das comunidades autónomas ou da local, en virtude de expediente disciplinario, e de non estaren inhabilitados para o exercicio de funcións públicas.

Vixésima.-A toma de posesión dos novos destinos terá lugar o 16 de setembro de 1996.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Persoal

ANEXO I

Primeira.-Valoración da antigüidade.

1. Os servicios aludidos nos subapartados 1.2.2 e 1.2.3 non serán tidos en conta nos anos en que fosen

simultáneos entre si ou cos servicios dos apartados 1.2.1, 1.2.4 ou 1.2.5.

2. Para efectos dos apartados 1.2.1. e 1.2.4 serán computados os servicios que se prestasen na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no Ministerio de Educación e Ciencia ou nos departamentos de Educación das Comunidades Autónomas en situación de excedencia especial, que se contemplaba no artigo 43.1º a) da Lei articulada de funcionarios civís do Estado, con motivo de nomeamento por decreto.

Igualmente serán computados os servicios que se prestasen ó Estado no uso da opción a que se refiren os artigos 1 e 2 da Lei 9/1980, do 14 de marzo; artigo 1 do Real decreto-Lei 41/1978, do 14 de decembro; disposición adicional primeira, 1, da Lei 20/1982, do 9 de xuño; artigo 5 do Real decreto-Lei 4/1981, do 27 de febreiro. Igualmente serán computados os servicios prestados nas Comunidadades autónomas en funcións similares ás sinaladas no artigo 5 do Real decreto-Lei 4/1981, do 27 de febreiro.

Tamén se computarán os servicios especiais, expresamente declarados como tales nos apartados previstos no artigo 29.2º, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, e no artigo 52 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Segunda.-Centro desde o que se solicita participar no concurso.

Para efectos do apartado 1.2.4 do baremo considerarase como centro desde o que se solicita participar no concurso, aquel ó cadro de persoal que pertenza o aspirante con destino definitivo, ou no que se está adscrito, sempre que esta situación implique perda do seu destino docente, sendo unicamente computables por este apartado os servicios prestados como funcionario de carreira no corpo ó que corresponda a vacante. Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior os funcionarios obrigados a concursar por teren perdido o seu destino definitivo en crumpimento de sentencia ou resolución de recurso, por proviren de excedencia forzosa ou por supresión do seu posto de traballo nos termos establecidos na convocatoria. A estes funcionarios seralles de aplicación o disposto para tal efecto no apartado 1.2.4. do baremo.

Terceira.-Funcionarios de carreira que participan por primeira vez con carácter voluntario.

Os funcionarios de carreira que participen por primeira vez con carácter voluntario poderán optar, indicándoo na súa instancia de participación, pola puntuación correspondente ó apartado 1.2.4 deste baremo ou polo apartado 1.2.5 do mesmo.

No caso de exerceren a opción polo apartado 1.2.5 puntuaránselles por este apartado, ademais dos anos de servicio prestados como funcionario de carreira en expectativa de destino, os que prestasen no centro desde o que participan cun destino definitivo.

No suposto de non manifestaren opción ningunha na instancia de participación, entenderase que optan pola puntuación correspondente ó apartado 1.2.4 deste baremo.

Cuarta.-Méritos académicos.

1. Os apartados correspondentes a méritos académicos outorgan puntuación pola superación de ciclos académicos. Debe terse en conta que, en xeral, os títulos de grao superior son comprensivos dun primeiro ciclo e un segundo ciclo que poden alegarse separadamente para efectos de valoración. Os títulos de grao medio só comprenden un ciclo.

2. Polo apartado 1.3 só poderán valorarse os títulos de validez oficial no Estado español.

Quinta.-Publicacións.

Por cada mérito presentado de acordo cos apartados 2.1.1 e 2.1.2 do baremo de méritos só poderá puntuarse por un deles.

Sexta.-Valoración do traballo desenvolvido.

1. Polos apartados 2.2.1, 2.2.2, 2.2.3, 2.2.4 e 2.2.5 só se valorarán os cargos directivos desenvolvidos como funcionario de carreira.

2. Para os efectos previstos no apartado 2.2.2 do baremo de méritos consideraranse como cargos directivos asimilados, polo menos, os seguintes:

-Os cargos aludidos neste apartado desempeñados en seccións de formación profesional.

-Xefe de estudios adxunto.

-Xefe de residencia.

-Delegado do xefe de estudios de instituto de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.

-Director xefe de estudios de sección delegada.

-Director de sección filial.

-Director de centro oficial de padroado de ensinanzas medias.

-Administrador en centros de formación profesional.

-Profesor delegado no caso da sección de formación profesional.

3. Polo apartado 2.2.3 do baremo de méritos puntuarase, polo menos, os seguintes cargos directivos:

-Vicesecretario.

-Delegado xefe de estudios nocturnos en sección delegada.

-Delegado do secretario en extensións de institutos de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.

-Director, xefe de estudios ou secretario de centros homologados de convenio con corporacións locais.

-Director de colexio libre adoptado con número de rexistro de persoal.

-Secretario de centro oficial de padroado de ensino medio.

4. Cando se produza desempeño simultáneo de cargos, non poderá acumularse a puntuación.

Sétima.-Cómputo por cada mes fracción de anos.

Nos seguintes apartados, por cada mes fracción de anos sumaranse as seguintes puntuacións: no apartado 1.1.2, 0,04; no 1.2.1, 0,16; no 1.2.2, 0,12; no 1.2.3, 0,06; no 2.2.1, 0,25; no 2.2.2, 0,16; no 2.2.3, 0,08; no 2.2.4, 0,04.

En ningún dos demais casos se puntuarán fraccións de ano.

Oitava.-Para os únicos efectos da puntuación que corresponda polo apartado 1.2 ós concursantes mencionados no apartado e) da base oitava, punto 1, consideraranse funcionarios de carreira desde o 1 de outubro de 1992.

ANEXO VI

ESPECIALIDADES DO CORPO DE PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO

Código EspecialidadeEspecialidade antiga

001Filosofía-

002Grego-

003Latín-

004Lingua castelá e literatura-

005Xeografía e historia-

006Matemáticas-

007Física e química-

008Bioloxía e geoloxía-

009Debuxo-

010Francés-

011Inglés-

016Música-

017Educación física-

019Tecnoloxía-

053Lingua e literatura galegas-

061Economía-

101Administración de empresasTecno. Administrat. C.

102Análise e química industrialTecno. química

103Asesoría e procesos de imaxe persoalTecno. peluquería e E.

104Construccións civís e edificaciónTecno. delineación

105Formación e orientación laboralFormación empresarial

106Hostelería e turismoTecno. hostelería e Tur.

107InformáticaTecno. informática de X.

108Intervención sociocomunitariaTecno. servicios á Comun.

109Navegación e instalacións mariñasTecno. marítimo Pesqu.

110Organización e xestión comercialTecno. administrativa e C.

111Organización e procesos de mantemento de vehículosTecno. automoción

112Organización e proxectos de fabricación mecánicaTecno. delineación

113Organización e proxectos de sistemas enerxéticosTecno. delineación

114Procesos de cultivo acuícola-

115Procesos de producción agrariaTecno. agraria

116Procesos de transformación e conservación de alimentos-

117Procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicosTecno. sanitaria

118Procesos sanitariosTecno. sanitaria

Código EspecialidadeEspecialidade antiga

119Procesos e medios de comunicaciónTecno. imaxe e son

120Procesos e productos de téxtil, confección e pelTecno. moda e Conf.

121Procesos e productos do vidro e cerámica-

122Procesos e productos en artes gráficasTecno. artes Gráf.

123Procesos e productos en madeira e mobleTecno. madeira

124Sistemas electrónicosTecno. electrónica

125Sistemas electrotécnicos e automáticosTecno. eléctrica

803Cultura clásica-

ANEXO VII

ESPECIALIDADES DO CORPO DE PROFESORES DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Código EspecialidadeEspecialidade antiga

019Tecnoloxía-
201Cociña e pasteleríaPráct. hostelería e T.
202Equipos electrónicosPráct. electrónicas
203EstéticaTaller perruquería e E.
205Instalación e mantemento de equipos térmico e de fluídos-
206Instalacións electrotécnicasPráct. electricidade
207Instalacións e equipos de cría e de cultivo-
208LaboratorioPráct. de química
209Mantemento de vehículosPráct. de automoción
210Máquinas, servicios e producciónPráct. marítimo pesqueiras
211Mecanizado e mantemento de máquinasPráct. metal
212Oficina de proxectos de construcciónTaller de construccións e O.
213Oficina de proxectos de fabricación mecánicaPráct. delineación
214Operacións de preparación e tratamento de alimentos-
215Operacións de procesosPráct. de química
216Operacións de producción agrariaPráct. agrarias
217Patronaxe e confecciónTaller de moda
218PerruqueríaTaller perruquería e E.
219Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésicoPráct. sanitarias
220Procedementos sanitarios e asistenciaisPráct. sanitarias
221Procesos comerciaisPráct. administ. e C.
222Procesos de xestión administrativaPráct. administ. e C.
223Producción en artes gráficasTaller de artes Gráf.
225Servicios á comunidadePráct. servicios á Comun.
226Servicios de restauraciónPráct. hostelería e Tur.
227Sistemas de aplicacións informáticasPráct. informática
229Técnicas e procedementos de imaxe e sonPráct. imaxe e son

ANEXO VIII

ESPECIALIDADES DO CORPO DE PROFESORES DE ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

CódigoEspecialidade

001Alemán

006Español para extranxeiros

008Francés

009Galego

011Inglés

012Italiano

015Portugués

017Ruso

ANEXO IX

ESPECIALIDADES DO CORPO DE CATEDRÁTICOS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS

CódigoEspecialidade

002Harmonía e melodía acompañada

003Arpa

006Canto

008Clarinete

009Clavicémbalo

010Composición e instrumentación

013Conxunto coral e instrumental

014Contrabaixo

015Contrapunto e fuga

028Estética e historia da música, da cultura e da arte

030Fagot

031Frauta de bico

035Guitarra

052Óboe

058Percusión

059Piano

061Repentización, transposición instrumental e acompañamento

066Saxofón

068Solfeo e teoría da música

072Trombón

074Trompa

075Trompeta

076Tuba

077Viola

078Violín

079Violoncello

ANEXO X

ESPECIALIDADES DO CORPO DE PROFESORES DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS

CódigoEspecialidade

001Acordeón

002Harmonía e melodía acompañada

004Canto

007Clarinete

008Composición e instrumentación

009Conxunto coral e instrumental

010Contrabaixo

011Contrapunto e fuga

013Historia da arte

CódigoEspecialidade

019Estética e historia da música, da cultura e da arte

021Fagot

023Frauta travesa

024Frauta de bico

026Guitarra

039Música de cámara

042Óboe

043Órgano

045Percusión

046Piano

050Repentización, transposición instrumental e acompañamento

052Saxofón

053Solfeo e teoría da música

055Trombón

056Trombón-tuba

057Trompa

058Trompeta

059Tuba

060Viola

061Violín

063Violoncello

088Harpa

ANEXO XI

ESPECIALIDADES DO CORPO DE PROFESORES DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

CódigoEspecialidade

006Dereito usual e nocións de contabilidade e correspondencia comercial

009Debuxo artístico

010Debuxo lineal

013Historia da arte

016Matemáticas

018Modelado e baleizado

034Técnicas de deseño gráfico

035Técnicas gráficas industriais

037Teoría e prácticas do deseño

ANEXO XII

ESPECIALIDADES DO CORPO DE MESTROS DE TALLER DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

CódigoEspecialidade

006Cerámica artística

008Decoración

012Delineación

013Debuxo publicitario

015Deseño de figurinos

016Dorado e policromía

021Esmaltes

027Fotografía artística

028Fotografía e procesos de reproducción

041Metalistería artística

047Ourivería

050Química aplicada á cerámica

052Repuxado en metal

057Serigrafía

058Talla en madeira

CódigoEspecialidade

060Talla en pedra e madeira

063Técnicas de xoiería

065Vaciado e moldeado

7356