Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 17 de novembro de 1995 Páx. 8.474

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 9 de outubro de 1995 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a campaña 1995-1996.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 200 do 18 de outubro pasado, cómpre face-la oportuna corrección.

Na páxina 7.710, artigo 3º, parrágrafo 1º, onde di:

«(... De acordo co establecido no artigo 33.2º do vixente Regulamento de caza, queda prohibido cazar fóra do período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois, salvo nos casos debidamente autorizados para a realización de esperas, agardos ou outras modalidades.»

Debe decir:

«(... De acordo co establecido no artigo 33.2º do vixente Regulamento de caza, queda prohibido cazar fóra do período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois da súa posta, salvo nos casos debidamente autorizados para a realización de esperas, agardos ou outras modalidades.»

95-7483