Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4385 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: apoio nº 17 da L.M.T. ó C.T. de Covas.

Final: C.T. de Lebruxo.

Situación do transformador: Lebruxo.

Características: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, os apoios serán H/2, HVH/2, cunha lonxitude de 515 metros. Centro de transformación

de 50 kVA. 20.000/398-230 V - 2,5% - 5%. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 949 metros, para mellora do servicio eléctrico en Aspera e Lebruxo, no concello de Baralla.

Orzamento: 5.380.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 28 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7164