Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4384 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; rúa Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: poste nº 50 da L.M.T. a Feás.

Final: C.T. de Bariz.

Situación do transformador: Bariz.

Características: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, en apoios de formigón, cunha lonxitude de 1.140 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/398-230 V + 2,5% + 5%, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50, cunha lonxitude de 630 metros, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Bariz e Feás, no concello de Paradela.

Orzamento: 5.780.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 27 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7165