Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4386 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: L.M.T. ó C.T. de Vallo.

Final: C.T. Robledo.

Situación do transformador: Robledo.

Características: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, de 54,6 mm Al, en apoios de formigón, cunha lonxitude de 2.182 metros a de Robledo e 60 metros a de Arcón. Centro de transformación tipo intemperie, de 50 kVA 20.000/398-230 V ± 2,5% ± 5%, sobre apoios de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95 mm Al, con 80 metros de lonxitude e una tensión de servicio de 380-220 V, para mellora do servicio eléctrico en Arcón e Robledo, no concello de Navia de Suarna.

Orzamento: 8.181.242 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 28 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7180