Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4375 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; rúa Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: apoio nº 42 da L.M.T. ó C.T. de Corneas.

Final: C.T.s. de Vilarín e Reboleira.

Situación do transformador: Vilarín e Reboleira.

Características: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 e apoios H/13, HVH/2, CH/3, cunha lonxitude de 2.112 metros a de Vilarín e 625 metros a de Reboleira. Centros de transformación tipo intemperie en Vilarín e Reboleira de 50 kVA 20.000/398-230 V + 2,5% + 5%, cada un. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50, cunha lonxitude de 766 metros, para mellora do servicio eléctrico no lugar de Vilarín, no concello de Baleira.

Orzamento: 12.060.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 25 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7168