Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4382 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: L.M.T. ó C.T. de Covas.

Final: C.T.s. de Vilasantán e C.T. Traspena.

Situación do transformador: Vilasantán e Traspena.

Características: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, de 54,6 mm Al, con postes de formigón e unhas lonxitudes de 2.449 metros a de Vilasantán e 550 metros a de Traspena. Centros de transformación tipo intemperie en Vilasantán e Traspena, de 50 kVA. 20.000/398-230 V + 2,5% + 5%, cada un, en postes de formigón. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-95, cunha lonxitude de 200 metros, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Vilasantán e Traspena, no concello de Baralla.

Orzamento: 12.120.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 27 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7167