Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4371 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; r/ Sáenz Díez, 95 Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: apoio metálico entroncamento C.T. Saa.

Final: apoio metálico entroncamento C.T. Teixeira.

Características: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, en postes de formigón e metálicos, cunha lonxitude de 6.698 metros, para mellora do servicio eléctrico no lugar de Saa e Teixeira, no concello da Pobra de Brollón.

Orzamento: 14.970.958 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 20 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7175