Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1995 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de subministración, entrega e instalación de diverso material mobiliario con destino ó salón de actos do Conservatorio de Vigo, dependente desta consellería (expediente 1595).

Pola Resolución do 22 de xuño de 1995 aprobouse un gasto de 17.116.000 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de subministración, entrega e instalación de diverso material mobiliario con destino ó salón de actos do Conservatorio de Vigo, dependente desta consellería. Exp. 1595.

Anunciouse a contratación da referida subministración no Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia, taboleiro de anuncios e prensa.

Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das administracións públicas, así como os requisitos estable

cidos no prego de bases da contratación e demáis lexislación vixente, reunida a mesa de contratación do 22 de setembro de 1995, e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión calificadora. Esta consellería,

RESOLVEU:

Primeiro.-Adxudica-lo mencionado material da seguinte forma:

Nº lote OP materialImporte da adxudicación

** Empresa Novaequip

1. A Mobiliario12.743.317

** Subtotal **12.743.317

** Empresa Mobigal

2. B Eq. megafonía712.190

** Subtotal**712.190

***Total***13.455.507

Segundo.-O prazo de entrega e instalación deste material será dun mes contado desde a sinatura do contrato.

Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas pola cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-7176