Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.406

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 31 de maio de 1995 pola que se regula a expedición e revalidación do permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira.

Advertidos erros na Orde do 31 de maio de 1995, publicada no DOG nº 125, do 30 de xuño, pola que se regula a expedición e revalidación do permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira, cómpre face-las oportunas correccións:

No artigo 11º.1 onde di: «... comprendido entre o 1 e o 31 de maio», debe dicir: «... comprendido entre o 1 e o 31 de xaneiro».

No artigo 11º.2, deberá suprimirse: «d) 2 fotografías tamaño carné».

No artigo 11º.-Da revalidación, deberá engadirse:

«3.-Cada 5 anos será necesario presentar ademais os certificados que acrediten que se reúnen os requisitos previstos nas alíneas f) e g) do artigo 17 do Decreto 425/1993».

No artigo 15º.3 onde di «... no artigo 1º e 7º.4 desta orde», debe dicir: «... no artigo 1º e 7º.3 desta orde».

Os anexos II, III, IV, VI, VIII e IX deben ser substituídos polos que se publican a seguir:

7476