Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.406

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 292/1995, do 3 de novembro, polo que se modifica o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio.

Advertido erro no devandito decreto, publicado no DOG nº 219, mércores, 15 de novembro de 1995, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 8.301, no parágrafo primeiro, onde di: «fíxase a estructura orgánica e fundamental...», debe dicir: «fíxase a estructura orgánica e funcional...».

No parágrafo terceiro, onde di: «Así mesmo faise necesaria a creación da Dirección Xeral de Industrica dunha unidade administrativa que, especificamente no ámbito industrial e con categoría de servicio, se ocupe da planifiación, coordinación e control en materia de medio ambiente.»; debe dicir: «Así mesmo faise necesaria a creación na Dirección Xeral de Industria dunha unidade administrativa que, especificamente no ámbito industrial e con categoría de servicio, se ocupe da planificación, coordinación e control en materia de medio ambiente.».

-No artigo 1º, onde di: «O apartado tres do artigo 5 do Decreto 109/1990...», debe dicir: «O apartado tres do artigo 5 do Decreto 209/1990...».

-Onde pon 2.2., onde di: «Servicio de Planificaión Horizontal.», debe dicir: «Servicio de Planificación Horizontal.».

-Na páxina 8.362, no artigo 2º, onde di: «No apartado 2, nº 1, do artigo 4º do mencionado Decreto

109/1990...», debe dicir: «No apartado 2, nº 1, do artigo 4º do mencionado Decreto 209/1990...».

-Na sinatura do devandito decreto, onde di:

«Juan Fernández García

Conselleiro de Industria e Comercio»,

debe dicir:

«Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio».

7475