Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 15 de novembro de 1995 Páx. 8.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación polo sistema de poxa aberta da obra RC-OUR-95.01.

1. Obra.

Urbanización de marxes na C-531, entre p.k. 0+000 e p.k. 0+350, fase 1ª, Xinzo de Limia.

Clave: RC-OUR-95-01.

Orzamento: quince millóns de pesetas (15.000.000 ptas).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasifiación: non se esixe.

Garantía provisional: 300.000 ptas.

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

2. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en Ourense, rúa Sáenz Díez nº 1.

3. Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado 1 do presente anuncio, salvo nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que específica a lexislación española vixente.

4. Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Contido da proposición.

Segundo o indicado na cláusula 1.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Medios de xustificación da solvencia económica e financeira.

Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras ou traballos realizados nos tres últimos exercicios.

7. Medios de xustificación da solvencia técnica.

Declaración na que se indique maquinaria, material e equipo técnico dos que dispoñerá o empresario para a execución das obras.

8. Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás 12 horas do décimo cuarto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións terminará ás 12 horas do día hábil seguinte.

9. Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás 10 horas do décimo día natural contado a partir do último día de presentación de proposicións, nas oficinas da Delegación Provincial de Ourense, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Ourense, 3 de novembro de 1995.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

7464