Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 15 de novembro de 1995 Páx. 8.398

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1995 pola que se lle pon termo á convocatoria pública aberta para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante de xefe de servicio no Valedor do Pobo, anunciado pola Resolución do 14 de xullo de 1995.

de Galicia nº 145, do 31 de xullo de 1995), de conformidade co disposto nas bases 6ª e 7ª desta, e en exercicio das atribucións contidas nos artigos 27.2º da Lei 4/1988 do 26 de maio, da función pública de Galicia, e 10.2º da Lei 6/1984, do 5 de xuño, modificada pola Lei 3/1994, do 18 de xullo, o Valedor do Pobo,

ACORDA :

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante de xefe de servicio no Valedor de Pobo, anunciada por Resolución do 14 de xullo de 1995 (DOG nº 145, do 31 de xullo de 1995).

Segundo.-Adxudicarlle destino no posto de traballo de xefe de servicio ó funcionario Fernando Luis Andrés Alonso, do corpo superior de administración da Xunta de Galicia, grupo A, co rexistro de persoal nº 3275819735 A2060, á vista da documentación aportada e unha vez que xa foi recibido o informe previsto na base 5ª da convocatoria.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario, ó que se lle adxudica o posto, producirase dentro dos tres días seguintes ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do seu posto no Valedor do Pobo será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.

Cuarto.-O funcionario seleccionado, procedente da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto na base oitava da convocatoria, terá dereito a ser declarado na situación administrativa prevista no artigo 10.3º da Lei do Valedor de Pobo, en relación co artigo 52.14º da Lei da función pública de Galicia.

Quinto.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta institución, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1995.

José Cora Rodríguez

Valedor do Pobo

7463