Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 15 de novembro de 1995 Páx. 8.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da asistencia técnica para previsión das riadas nos ríos Sar e Umia (clave OH.088.135/A.T.).

A) Asistencia técnica.

1.-Asistencia técnica para previsión das riadas nos ríos Sar e Umia.

Clave: OH.088.135/A.T.

Orzamento: catro millóns de pesetas (4.000.000).

Prazo de execución: 5 meses.

Clasificación: non se esixe.

(Declarada urxente de acordo co establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescripcións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na

Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se lle xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación ás dez horas do decimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7466