Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 15 de novembro de 1995 Páx. 8.372

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproban para as empresas Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., Asociación de Productores y Distribuidores de Energía Eléctrica de Galicia, Electra del Jallas, S.A. e Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., as normas particulares para as instalacións de enlace na subministración de enerxía eléctrica en baixa tensión.

Visto o expediente presentado ante esta Dirección Xeral de Industria por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., Asociación de Productores y Distribuidores de Energía Eléctrica de Galicia, Electra del Jallas, S.A. e Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., no que solicitan que, conforme

o vixente Regulamento electrotécnico para baixa tensión, se aprobasen as normas particulares para instalacións de enlace nas subministracións de enerxía eléctrica en baixa tensión referentes ó deseño, cálculo e construcción das citadas instalacións, de aplicación para as empresas solicitantes no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Atendida a conveniencia de consegui-la maior homoxeneidade, tanto nas redes de distribución como nas instalacións dos abonados, e ademais de chegar a maior unificación de criterios nas distintas zonas de distribución de enerxía eléctrica en Galicia;

Visto o disposto no artigo 18 do Regulamento electrotécnico e comprobado que as recomendacións contidas nas normas particulares non están en contradicción co que regula o referido regulamento,

RESOLVO:

Autorizar ás empresas Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., Asociación de Productores y Distribuidores de Energía Eléctrica de Galicia (APYDE), Electra del Jallas, S.A. e Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. para aplicaren especificamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia as normas particulares para instalacións de enlace referentes ás subministracións en baixa tensión que figuran como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

ANEXO

Normas particulares para instalacións de enlace nas subministracións de enerxía eléctrica en baixa tensión correspondentes ás empresas Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., Asociación de Productores y Distribuidores de Energía Eléctrica de Galicia (APYDE), Electra del Jallas, S.A. e Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

1. Xeneralidades.

En virtude do establecido no artigo 18 do Regulamento electrotécnico para baixa tensión, as empresas Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., Asociación de Productores y Distribuidores de Energía Eléctrica de Galicia, Electra del Jallas, S.A. e Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. redactan de forma conxunta as normas particulares de instalacións de enlace para subministracións de enerxía eléctrica de baixa tensión axustándose ós preceptos establecidos no dito regulamento e sinalando as condicións técnicas de carácter concreto que se coidaron oportunas como anexo das correspondentes instruccións complementarias.

Para a elaboración das presentes normas tivéronse en conta os seguintes documentos:

-Regulamento electrotécnico para baixa tensión e instruccións complementarias.

-Recomendacións UNESA.

-Normas UNE de aplicación.

-Norma do Ministerio de Vivenda NTE-IEB/1974.

As presentes normas particulares poderán ser modificadas cando as circunstancias o aconsellen, logo de aprobación da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

En caso de discrepancia na aplicación destas normas entre os usuarios e as empresas eléctricas, as delegacións provinciais de Industria da Xunta de Galicia exercerán a correspondente función de arbitraxe.

1.1. Homologación de materiais.

Tendo en conta os avances tecnolóxicos que en cada momento se producen no deseño e calidade dos materiais que constitúen os distintos elementos que integran as instalacións de enlace nas subministración de enerxía eléctrica en baixa tensión, a empresa subministradora procederá á homologación dos productos correspondentes tomando como documentos de referencia para a aceptación de modelos o Regulamento electrotécnico de baixa tensión, as recomendacións UNESA e as normas UNE publicadas polo IRANOR.

2. Obxecto destas normas.

O obxecto das presentes normas particulares é o de establece-las características técnicas e de disposicións de instalacións de enlace para unha maior homoxeneidade das redes de distribución.

Enténdense por instalacións de enlace, as que unen a rede de distribución pública coas instalacións interiores ou receptoras, comprendendo as seguintes partes (Fig 1).

3. Acometidas.

Denomínase así a parte da instalación comprendida entre a rede de distribución e a caixa ou caixas xerais de protección.

En xeral disporase unha soa acometida por edificio; sen embargo, poderán establecerse acometidas independentes para subministracións que teñan unhas características especiais que así o aconsellen.

3.1. Tipos de acometidas.

As acometidas poderán ser aéreas, subterráneas ou mixtas (aéreo-subterráneas). Non obstante, de acordo co sistema utilizado, a acometida pode ser:

a) Aérea pousada sobre fachada.

b) Aérea tensada sobre fachada.

c) Aérea tensada sobre apoios.

d) Subterránea.

e) Aéreo-subterránea.

3.2. Características dos conductores.

Os conductores que se empregarán nas acometidas serán de aluminio con illamento para 1.000 V de acordo cos seguintes criterios de aplicación:

-En acometidas aéreas utilizaranse conductores trenzados, tipo R.Z., segundo a norma UNE 21.030, con illamento de polietileno reticulado, cor negra resistente á intemperie, sen cuberta de protección común e nas seccións e composición que se indica na táboa que segue:

-En acometidas subterráneas os conductores serán unipolares, con illamento de polietileno reticulado ou etileno propileno e cuberta exterior de policloruro de vinilo, para 0,6/1 kV, segundo normas UNE -21.118 e 21.119, nas seccións que figuran na táboa seguinte:

3.3. Cálculo eléctrico das acometidas.

A sección dos conductores fixarase en función dos seguintes criterios:

-A caída de tensión máxima establécese con carácter xeral nun 1%, dentro do reparto de caídas de tensión, entre os elementos que constitúen a rede, co fin de que a tensión na caixa xeral de protección estea dentro dos límites establecidos polo vixente Regulamento de verificacións eléctricas e regularidade na subministración de enerxía.

-A intensidade correspondente á dita carga non será superior á máxima admisible polo conductor nas condicións de instalación, de acordo coas instruccións MI-BT 004 e 007 do vixente Regulamento de baixa tensión.

A orde do cálculo será a seguinte:

a) Calcularase a sección teórica dos conductores.

-Acometidas monofásicas:

S = (2 PL)/(Y.e.U)

-Acometidas trifásicas:

S = (PL)/(Y.e.U)

Expresións nas que:

S = Sección teórica en mm

P = Potencia de subministración en vatios.

L = Lonxitude da acometida en metros.

Y = Conductividade do conductor (E = 56; E = 35)

e = Caída de tensión admisible en voltios.

U = Tensión de servicio

b)Obterase a intensidade correspondente o subministro

-Acometidas monofásicas:

I = (P)/(U cos )

-Acometidas trifásicas:

I = (P)/((3) U cos )

c)Na táboa de conductores normalizados, elixirase aquel de sección superior á teórica calculada e que teña unha intensidade admisible nas condicións de instalación que non sexa inferior á correspondente á subministración.

A táboa adxunta indica as seccións necesarias para acometidas con lonxitudes ata 40 m, unha caída de tensión máxima do 1% en función da potencia demandada.

* Comprobar densidade de corrente segundo tipo de cable utilizado.

3.4. Instalación.

3.4.1. Acometida aérea posada sobre fachada.

Neste tipo de acometida os conductores fixaránse sen estaren sometidos a máis esforzo mecánico có seu propio peso.

Os conductores instalaranse separados da parede, suxeitos mediante abrazadeiras, espaciadas de 35 a 70 cm, segundo a sección dos mesmos, e estudiarase o seu trazado para que a liña quede o máis disimulada posible.

Nas zonas próximas a portas e fiestras respectaranse as seguintes distancias mínimas:

Fiestras:

-0,30 do bordo superior da abertura.

-0,50 do borde inferior e laterais.

Balcóns:

-0,30 da beira superior da abertura.

-1,00 dos beiras laterais do balcón.

Cando isto non sexa posible protexeranse os conductores mediante tubo plástico ríxido de grao 7 de resistencia ó choque, segundo UNE 20.524.

Nos tramos situados a unha altura inferior a 2,5 m do chan utilizarase igualmente o tubo de protección.

Tomaranse as medidas adecuadas para impedir el almacenamento de auga en no interior dos tubos.

Nos cruzamentos aéreos (espacios sen edificar), adoptaranse as disposicións que se indican para redes tensadas:

-Abrazadeiras: as abrazadeiras serán illantes ou plastificadas; no caso de seren metálicas estarán exentas de arestas vivas que poidan dana-lo illamento.

A súa disposición será tal que os cables queden separados da parede en todo o trazado, empregando elementos especiais alí onde sexa necesario salvar obstáculos ou irregularidades das fachadas.

Os soportes poderán fixarse á parede directamente utilizando cravo roscado normalizado ou ben mediante tacos antixiratorios de material imputrescible.

Nos puntos en que sexa conveniente, o feixe protexerase con dispositivos antiesvaradíos de material plástico, resistentes á intemperie e á abrasión.

3.4.2. Acometida aérea tensada sobre apoios.

Neste tipo de acometida os conductores instalaranse tensados directamente, sobre neutro fiador ou sobre fiador de aceiro.

En vans ata 40 m e seccións ata 3x25 mm Al os conductores instalaranse directamente tensados, cunha tensión máxima de 70/80 daN, distribuídos uniformemente sobre o conxunto de conductores do feixe.

Para seccións de 25, 50 e 95 mm Al, con neutro de Almelec de 54,6 mm, os cables tenderanse tensados sobre o citado neutro mediante accesorios adecuados.

Para as seccións de 3x150+95 mm Al utilizarase un fiador independente de aceiro de 16 mm de ø (21,6 mm). A subxección deste ós dispositivos de amarre farase con retencións protexidas mediante o correspondente gardacabos.

Os apoios serán de formigón, cumprirán a recomendación UNESA 6703 B e a súa resistencia mínima será de 160 daN.

Os apoios final de liña terán a resistencia que se indica na táboa adxunta, en función do cable utilizado na acometida.

Os vans e tensións fixados corresponden ás condicións normais de utilización dos distintos conductores nas zonas A e B de acordo coa regulamentación vixente. Para outras solucións xustificarase debidamente os cálculos de acordo cos proxectos tipo.

-Os ganchos de fixación serán espirais e permitirán a instalación dos soportes tanto de suspensión como de amarre, sen necesidade de pezas intermedias e soportarán un esforzo de tracción segundo o seu propio eixe de 500 daN.

-Os soportes de suspensión serán oscilantes, resistentes á intemperie.

-A montaxe do cable farase mediante pinzas ou preformados capaces de soportaren sen que se produzan danos no illamento, nin esvaramentos, un esforzo de 80 daN para as seccións ata 3x25 mm Al, 500 daN para neutro fiador de 54,6 e 200 daN para neutro de aceiro.

As alturas e separacións cumprirán as prescricións do regulamento de baixa tensión. A altura mínima en cruzamentos sobre vías públicas ou zonas de posible circulación rodada será de 6 m.

3.4.3.Acometida aérea tensada sobre fachada.

Este tipo de acometida poderase utilizar en conductor ata 3 x 25 e con vans non superiores a 10 m.

Os conductores instalaranse lixeiramente separados da parede, tensados entre 70 e 80 daN e fixos mediante pinzas de ancoraxe que se amarrarán ás ferraxes de fixación. A altura sobre o chan non será en ningún caso inferior a 2,5 m. As distancias os distintos ocos de fachada serán como mínimo as indicadas para rede pousada. As ferraxes de fixación serán ganchos espirais aptos para soportaren un esforzo de tracción na dirección axial de 500 daN.

Nos cambios de dirección utilizaranse berces de reenvío capaces de soportaren un esforzo permanente de 120 daN.

As pinzas de ancoraxe serán as mesmas utilizadas para rede tensada en apoios.

3.4.4. Acometida subterránea.

Neste tipo de acometida utilizaranse conductores unipolares, instalados no fondo de gabias, o trazado das cales seguirá zonas públicas, especialmente paseos e beirarrúas.

A profundidade mínima será de 0,60 m, agás nos cruzamentos de calzada en que se aumentará ata 0,80 m.

Os conductores poderán instalarse directamente enterrados ou baixo tubo.

No primeiro caso tenderanse en leito de area cribada e irán protexidos mediante tella ou lousa de formigón.

Na instalación baixo tubo este será de fibrocemento ou plástico ríxido de grao de protección 9.

Nos cruzamentos de calzadas, cimentacións, muros ou paredes, os tubos de fibrocemento irán formigonados.

Terase en conta unha separación mínima en cruzamentos e paralelismos con outras canalizacións de electricidade, auga, gas ou teléfono entre 20 e 25 cm. En caso de que estas separacións non poidan manterse os conductores protexeranse con tubo de fibrocemento.

En caso de acometidas para subministración a edificios dun só usuario, con utilización de caixa de protección e medida, o diámetro do tubo desde a gabia á C.P.M. será de 60 mm, utilizando tubo plástico ríxido de resistencia ó choque 7 como mínimo.

O tendido dos cables farase procurando que o esforzo de tracción sexa o máis feble posible. Os radios de curvatura durante o tendido deberán ser unhas 20 veces o diámetro do cable. Coidarase especialmente que non se formen bucles ou torceduras que poidan dana-los conductores.

3.4.5. Acometida aéreo-subterránea.

Cando unha acometida sexa en parte aérea e en parte subterránea denominarase aéreo-subterránea. Cada parte desta farase de acordo co especificado en apartados anteriores. No paso de acometida subterránea a aérea protexeranse os conductores mediante tubo plástico illante ríxido de grao 7 de resistencia ó choque, desde 2,50 m de altura sobre o chan ata 0,50 m baixo o seu nivel.

4. Caixa xeral de protección.

4.1. Características xerais.

As caixas xerais de protección responderán ás características especificadas na recomendación UNESA 1403 C e xa que logo deberán estar homologadas. No caso de edificios cun só usuario a CXP poderá ser substituída por unha caixa de protección e medida (CPM).

4.1.1. Natureza do material.

As CXP estarán construídas de material illante, autoextinguible, clase térmica A, segundo a norma UNE 21.305. O grao de protección será como mínimo 417 para caixas situadas no interior e 437 para as situadas no exterior, conforme á norma UNE 20.324.

4.1.2. Disposición interior.

As caixas irán provistas de bases de fusibles. O neutro situarase á esquerda e estará constituído por unha conexión amovible. Os bornes serán bimetálicos e estarán previstos para conecta-los fíos directamente. A disposición relativa dos bornes de entrada e saída farase tendo en conta que normalmente a derradeira operación de embornado corresponde á acometida.

4.1.3. Dispositivo de cerramento.

O cerramento das caixas farase mediante parafusos de cabeza triangular de 11 mm de lado e dispoñerá dun buraco de 2 mm de diámetro que permita o paso do fío de precinto da caixa.

Este cerramento estará disposto de tal maneira que a súa manobra requira emprega-la chave correspondente (Fig.2).

4.1.4. Buracos de entrada e saída.

A entrada e saída dos cables farase sempre pola parte inferior cando as caixas se utilizase á intemperie. Os buracos previstos para o efecto terán o diámetro adecuado ós cables, dos cales se indican as seccións na táboa de características, na que se relacionan os tipos seleccionados dentro da recomendación UNESA. As saídas dispoñerán dos dispositivos axeitados (prensaestopas, conos de reducción, etc.), que permitan a adecuada estanquidade dos cables.

4.1.5. Indicacións e marcas.

As caixas levarán de forma indeleble e facilmente lexible as seguintes indicacións:

a) Marca e tipo de fabricante.

b) Intensidade nominal en amperios e tensión nominal en voltios : 440 V.

c) Designación UNESA segundo un dos tipos seleccionados.

d) O ano de fabricación.

4.2. Tipos seleccionados.

Co fin de unificar ó máximo as instalacións de enlace, reducindo ó mínimo o número de tipos posibles da CXP, seleccionáronse dentro da recomendación UNESA 1403 C os esquemas seguintes da Fig. 3 e cadro I.

* Curtocircuíto fusibles do tipo g1, segundo RU6303.

** Soamente para acometidas aéreas.

*** O número de cables que formen a acometida será determinada polos servicios técnicas da empresa.

Sempre que a súa distribución o requira a empresa subminsitradora poderá instalar e utilizar caixas esquemas UNESA 11, 12 e 14 e BTV 2,4 e 6 substituíndo nestes casos a CXP.

Cando exista un centro de transformación no edificio poderanse alimenta-las súas liñas repartidoras desde os fusibles do cadro de BT do citado CT, considerándose o dito cadro como CXP.

4.3. Elección do tipo e número de CXP.

O tipo e número de CXP determinarase en función da carga prevista na edificación e en xeral existirá unha caixa para cada liña repartidora independente, por cada 160 kW, de potencia.

Permitirase como máximo a montaxe de dúas caixas por fornelo, caso no que o largo mínimo deste será de 1 m.

Se fosen necesarias máis de dúas caixas, substituiranse por unha barraxe xeral de distribución (bases tripolares verticais).

4.4. Situación da CXP.

En xeral a CXP instalarase no límite da propiedade e sempre terá acceso directo desde a vía pública. Enténdese por acceso directo a posibilidade de chegar á CXP sen necesidade de traspasar ningún tipo de valado dentro da zona particular. A CXP poderase instalar en montaxe saínte ou encaixada na parede.

Cando a acometida sexa aérea, a instalación da CXP poderase facer superficialmente ou no interior dun fornel na parede, a unha altura do chan entre 3 e 4 metros e inaccesible desde calquera oco da edificación. (Fig. 4).

Cando a acometida sexa subterránea, a CXP instalarase no interior dun fornel en parede de resistencia non inferior á do tabicón, coas dimensións que se indican na Fig. 5.

A porta do fornel así como o bastidor e marco estarán construídos en material resistente á intemperie e terán tamén, unha vez instalada, un grao de resistencia ó choque mínimo de 7. A folla ou follas poderán revestirse, por motivos estéticos, de calquera tipo de material. O fornel dispoñerá dun cerramento con cerradura normalizada pola empresa.

Nas fachadas singulares (pedra, monumentos, etc.) a acometida poderase considerar como aérea.

4.4.1. Distribución aérea.

Cando as novas subministracións vaian ser alimentadas por unha rede de distribución aérea, a CXP poderase instalar como segue.

a) En montaxe superficial en fachada ou cerramento sempre que esta teña acceso directo desde a vía pública. Neste caso a acometida será aérea en todo o seu percorrido.

b) En fornel mural situado en fachada, cerramento ou sobre un zócolo no límite da propiedade. Neste caso a saída do fornel ó exterior farase mediante tubo plástico ríxido de 90 mm de diámetro, acabado no correspondente cóbado ou curva verte-augas que impide a entrada de auga ó interior do fornel.

c) No apoio da rede de distribución, cando esta teña acceso directo desde a vía pública e se cumpran as seguintes condicións:

-A distancia máxima desde o poste á propiedade non será maior de 15 m.

-A liña repartidora non cruzará a vía pública.

-Admitirase un número máximo de dúas CXP por apoio.

d) En apoio de acometida propiedade do peticionario, cando aquel sexa necesario por razóns técnicas

(cruzamento de calzada, etc.) para ancora-la acometida, a resistencia do apoio fixarase dependendo do conductor empregado na acometida (Fig. 6).

4.4.2. Distribución subterránea.

Cando a rede de distribución sexa subterránea, a CXP poderase instalar de acordo coa modalidade de montaxe encaixada en fornel de parede situado en fachada ou cerramento no límite coa vía pública.

O fornel comunicarase co exterior ríxido da edificación mediante un tubo de formigón centrifugado, ou fibrocemento, ou PVC ríxida, de diámetro interior igual ou superior a 100 mm; o dito tubo saíra ó exterior a unha profundidade mínima de 0,60 m por debaixo do chan.

Se a fachada non linda coa vía pública Fig. (7), a CGP situaríase no límite coa vía pública e accesible dende ela (Fig 7).

4.5. Caixas de protección e medida (CPM).

Son caixas que reúnen nun só elemento a caixa xeral de protección e o conxunto de medidas; estas caixas poderanse utilizar no caso de subministracións a edificios cun só usuario, ata 63A. A súa forma e disposición interior axustarase ó especificado no apartado 6 sobre equipos de medida.

A CPM instalarase no límite da propiedade e deberá ser accesible permanentemente desde a vía pública.

A CPM poderase instalar encaixada na parede, adosada en fachada, encaixada no cerramento ou valado ou ben nun zócolo no límite da propiedade.

A CPM instalarase de tal xeito que a súa beira inferior estea a 1,20 m do chan e que o cuadrante da lectura dos contadores non pase 1,80 m.

As entradas e saídas faranse pola parte inferior. Se a rede é subterránea, dispoñerase un tubo de plástico ríxido de 50 mm desde a CPM ata 0,50 m por debaixo do nivel do chan. Se a rede é aérea, os conductores irán protexidos baixo tubo de plástico ríxido ata 2,50 m. sobre o chan, disposto este co correspondente cóbado que impida a entrada de auga de chuvia. Se a instalación deste tubo é superficial, o grao de resistencia mínima ó choque será de 7.

4.6. Barraxes de distribución con BTV (bases tripolares verticais).

As BTV están constituídas por unha regreta sobre a cal van montadas verticalmente tres bases unipolares para curtocircuítos fusibles e o conxunto das cales pola súa vez pode montarse directamente sobre platinas de cobre.(Fig. 8).

4.6.1. Características eléctricas.

a) Tensión nominal 500 V.

b) Intensidade nominal.

400 - 600 - 800 - 1.600 A.

c) Rixidez dieléctrica.

Os valores das tensións de ensaio serán os seguintes:

A frecuencia industrial durante 1 minuto:

-2.500 V entre partes activas.

-4.000 V entre partes activas e masa.

A onda de choque aplicaranse 8 KV entre partes activas e masa con onda 1,2/50.

d) Resistencia de illamento

A resistencia de illamento entre as partes activas e masa non será inferior a 5 M ?

e) Resistencia ós curtocircuítos.

A intensidade de curtocircuíto prevista nos bornes de entrada será de 12.000 A eficaces.

4.6.2. Características constructivas.

a)Xerais.

As BTV estarán formadas por un zócolo illante que servirá como soporte dos contactos das bases dos curtocircuítos das platinas conductoras e das pantallas separadoras.(Figs. 9, 10, e 11).

b) Materiais.

O zócolo das BTV estará constituído, como mínimo, por un material illante de clase A, que deberá ser autoextinguible (poliéster reforzado con fibra de vidro).

As platinas conductoras serán de cobre e terán as dimensións especificadas na R.U. 3405. Estas platinas estarán construídas dunha soa peza, sen remaches nin soldaduras e na parte inferior, para embornamento dos cables, levarán embutida ou solidaria unha porca ou parafuso de aceiro rosca M10 ou M12, segundo o tamaño das bases. En todo caso discorreran pola parte posterior do zócolo, sen que sexan accesibles desde a súa cara anterior, para evitar posibles contactos involuntarios entre fases distintas.

As pantallas separadoras deberán colocarse entre os contactos de fases distintas, de forma que impidan a formación de curtocircuíto durante as manobras. Serán como mínimo de material illante de clase A.

O embarrado sobre o que se fixarán as BTV será de cobre.

c) Dimensións.

As dimensións da BTV serán as indicadas na Fig. 12 e cadro seguinte. A Fig. 12 non especifica máis medidas que as explicitamente acotadas (Fig. 12).

O embarrado estará disposto en posición horizontal, terá como misión o paso de enerxía procedente da acometida, para ser distribuída entre as diferentes saídas.

As seccións deste embarrado serán as que figuran no cadro seguinte:

d) Dispositivos de fixación.

As platinas de cobre correspondente ó embarrado irán fixadas pola súa cara posterior a uns illadores fabricados con resina epoxídica, estes iran fixados ó fondo do fornelo (parede de resistencia non inferior á do tabicón).

A fixación da conexión eléctrica das bases tripolares ó embarrado xeral realizarase por medio dun parafuso de rosca M12x1,75.

O montaxe das BTV deberá poder realizarse en tensión e desde a parte dianteira do cadro, utilizando ferramentas illadas.

Os cadros de distribución con BTV poden tamén ir aloxados no interior de armarios poliéster (envolvente illante).

e) Bornes de entrada e saída.

Nos cadros de distribución con BTV os bornes estarán situados nos extremos das platinas do embarrado.

No deseño das caixas de tipo intemperie, a disposición relativa dos bornes efectuarase tendo en conta que, normalmente, a última operación de embornamento corresponde ós cables de entrada.

f) Disposición e situación do neutro.

O neutro estará constituído, igual cás fases, por unha platina de cobre con tantos furados como BTV dispoña no cadro de distribución. Estes furados serán utilizados para o abrochamento dos cables de saída ou liñas repartidoras. A situación desta platina de neutro atoparase na parte inferior do cadro.

g) Os esquemas eléctricos das BTV están representados na Fig. 3.

5. Liña repartidora.

É a parte das instalacións de enlace que une a CXP coa centralización de contadores. O seu trazado efectuarase por lugares de uso común.

A disposición xeral dos conductores será baixo tubo, en montaxe superficial ou encaixada na parede.

No caso de centralización en plantas elevadas, o trazado vertical da liña repartidora farase por acanaladuras de fábrica.

A carga prevista por cada liña repartidora non superará os 250 A.

Se houbese varias liñas repartidoras, cada unha delas estará protexida contra sobreintensidades e discorrerá por un tubo independente. No seu trazado vertical poderanse situar varias liñas repartidoras na mesma acanaladura de fábrica.

En edificios singulares que pola súa potencia ou disposición da instalación así o aconsellan, as delegacións provinciais da Consellería de Industria poderán autoriza-la instalación de liñas repartidoras con características distintas das especificadas neste capítulo.

5.1. Constitución das liñas repartidoras.

Os conductores serán de cobre, con illamento para 1.000 V en fase neutro e de 750 V o conductor da liña principal de terra. Para seccións superiores a 16 mm os conductores deberán ser unipolares.

Os tubos serán ríxidos, de material autoextinguible, cun grao de resistencia ó choque non inferior a 7. Nos cambios de dirección, o radio de curvatura non será inferior a 60 cm. O diámetro interior dos tubos será tal que permita amplia-la sección dos conductores instalados inicialmente nun 100 por cento.

Na táboa que segue indícanse os diámetros mínimos dos tubos que se utilizarán en función dos conductores das liñas repartidoras.

A acanaladura vertical discorrerá pola caixa da escaleira do edificio, carecerá de cambios de dirección ou rotación, estará convenientemente cerrada e dedicada exclusivamente a aloxa-las liñas repartidoras.

As dimensións mínimas serán de 50x30 cm para unha ou dúas liñas repartidoras, e de 80x30 cm para tres ou catro liñas. O acabado das paredes da acanaladura será liso, mediante revoco.

As acanaladuras verticais serán practicables en tódalas plantas mediante rexistros situados a 20 cm do teito, en zona de uso común. A altura destes rexistros será, como mínimo, de 30 cm e as súas tapas serán metálicas, precintables, e poderán estar recubertas doutros materiais con fins estéticos.

Os conductores da liña repartidora estarán fixados en cada planta mediante soportes con abrazadeiras illadas.

A distancia mínima entre eixes será de 60 mm. (Fig. 13)

5.2. Placa cortalumes.

Nas acanaladuras verticais para as derivacións individuais e as liñas repartidoras, é preciso, como medida de seguridade contra a propagación de incendios, a colocación de placas cortalumes.

De acordo coa NBE-CPI «Condicións de protección contra incendios nos edificios», os conductores verticais de servicios si se cerran con placas cortalumes cada 3 plantas, constitúen «sectores de incendio» e en consecuencia toda a acanaladura, incluídas placas cortalumes e tapas de rexistro deberán ser do tipo MO e RF120 (resistencia ó lume de 120 minutos).

A dita placa deberá instalarse na parte inferior do rexistro correspondente á planta en que corresponda.

Estas placas realizarán o cerramento de maneira que permitan efectuar modificacións na instalación sen deforma-las canalizacións existentes e de tal maneira que as cualidades de estanquidade e de non propagación do lume se manteñen. Para este obxecto recoméndase deixar algún tubo de reserva para poder atender facilmente posibles necesidades futuras ou ampliacións, segundo aconsella a instrucción MIBT014.

Se o conducto vertical, conforme indica o Art. 0.5 apartado 3 da NBE-CPI, se cerra cunha placa cortalumes en cada planta á altura do forxado, xa que non constitúe «sector de incendio» e en consecuencia é suficiente con que as ditas placas sexan do tipo MO e RF 30 (resistencia ó lume 30 minutos).

Neste caso recoméndase deixar polo menos un 20 por 100 de tubos de reserva en cada planta, cun mínimo de un por planta e de diámetro inmediato superior ó previsto na instalación, xa que ó esta-la placa cortalumes por encima do rexistro, é máis difícil a súa substitución.

A execución das placas cortalumes pódese realizar coa axuda de materiais, tales como xeso, escaiola, material cerámico, fibrocemento, fibra de vidro, argamasa, etc., sempre e cando sexan do tipo MO conforme o apéndice 1 da NBE-CPI e formen parte de elementos constructivos de resistencia ó lume RF30 ou RF120 segundo os casos expostos anteriormente. Igualmente no apéndice 2 da dita norma establécense os tempos de resistencia ante o lume que, sen necesidade de ensaio, se outorgan ós elementos constructivos máis usuais.

5.3. Cálculo eléctrico das liñas repartidoras.

A sección das liñas repartidoras determinarase en función da carga prevista segundo MI-BT 010, tendo en conta a intensidade admisible polos conductores (MI-BT004) (táboa II), e que a caída de tensión máxima será do 0,5% da tensión nominal, cando a centralización está prevista na planta baixa ou primeiro soto, e do 1% para centralizacións por plantas ou en plantas elevadas.

O proceso de cálculo é o especificado no apartado 3.3 para acometidas. Na táboa III indícase a sección da liña repartidora trifásica en función da potencia prevista e da súa lonxitude, para unha tensión nominal de 220/380 V e un coseno = 0,9.

(*) Comprobar se a intensidade de corrente é admisible en función do tipo de conductor utilizado.

NOTA: para liñas repartidoras a plantas intermedias, a lonxitude admisible é o dobre da indicada na táboa (caída de tensión 1%).

6. Equipos de medida.

Enténdese por equipo de medida o conxunto de contadores e demais elementos necesarios para o control e medida da enerxía eléctrica. Cada equipo de medida estará estructurado en unidades funcionais, entendéndose como tal a constituída polos elementos destinados a realiza-la mesma función.

Os equipos de medida estarán contidos en módulos ou conxuntos de módulos con envolvente illante. Poderanse instalar en forma individual ou concentrados.

6.1. Características xerais.

As envolventes illantes estarán construídas con materiais de clave térmica A, autoextinguible, segundo norma UNE 53.315. O grao de protección será IP-407 como mínimo, en instalacións interiores en locais secos, e IP-437 para instalacións á intemperie.

Cando os equipos de medida sexan de tipo exterior, poderanse instalar encaixados na parede, pegados á parede ou muros de cerramento ou colocados sobre o zócolo con pechadura normalizada. A tampa dos armarios exteriores levará xaneliñas transparentes identificadas coas siglas UV de resistentes ás radiacións ultravioletas, as cales permitan a lectura dos contadores e do reloxo.

Os armarios exteriores deberán levar unha ventilación interna, para evitar condensacións. Os elementos que proporcionan esa ventilación non poderán reduci-lo grao de protección establecido.

Cando os equipos de medida sexan de interior, as tampas serán totalmente transparentes con dispositivo de cerramento precintable.

A tensión nominal será de 440 V e o embarrado xeral soportará unha corrente de curtocircuíto de 12 KA eficaces durante 1 segundo.

Tódolos conxuntos de medida serán cableados antes da súa colocación en obra e seguindo as recomendacións UNESA en relación coas características de cables e embornado.

O cableado farase con conductores de cobre, ríxidos, con illamento plástico autoextinguible para 750 V. As seccións mínimas que se utilizarán será de 10 m/m en tódolos casos de medida directa. Os conductores de mando de cambio de tarifa serán de 2,5 m/m.

O cableado dos secundarios dos transformadores de intensidade identificarase en ámbolos extremos de forma indeleble (rotulado ou con argolas de identificación) da seguinte forma:

Utilizaranse as cores seguintes: negro, marrón e gris para as fases, azul claro para o neutro, amarelo-verde para os conductores de protección e vermello para os fíos de mando de cambio de tarifa.

6.2. Equipos de medida individuais.

Este capítulo ten por obxecto establece-los conxuntos destinados a conte-lo contador e outros dispositivos necesarios para a medida en subministracións individuais en baixa tensión con cargas de ata 400 A e seccións de ata 240 mm.

6.2.1. Constitución.

O equipo de medida estará formado pola unidade funcional de medida e ademais poderase incluír:

-Unidade funcional de transformadores de intensidade e unidade funcional de comprobación.

-Unidade funcional de medida: é a que contén os contadores e os elementos de control horario, no caso de habelos. O tamaño e disposición desta unidade determinarase en función dos elementos precisos para cada instalación.

A distancia mínima da placa de montaxe e a tapa da envolvente será de 150 mm para módulos con contadores trifásicos, de 130 mm para contadores monofásicos e dun mínimo de 170 mm nos módulos con emprazamento do contador con maxímetro.

A tapa do conxunto modular cando exista contador maxímetro levará unha ventá movible e precintable que permita o acceso.

Os espacios mínimos de fixación de contadores en placas serán os indicados na Fig. 14.

-Unidade funcional de transformadores de intensidade: é a unidade constituída por un embarrado sobre o que se montarán os transformadores de intensidade.

Este embarrado será de platina de cobre e as súas características están definidas no punto c) do apartado 6.2.2.1.

Os transformadores de intensidade responderán á recomendación UNESA 4201A. Serán de clase 0,5, con unha potencia nominal de precisión de 10 VA e un nivel de illamento de 0,6 kV. As relacións de transformación serán 75/5, 100/5, 150/5, 200/5, 300/5, 400/5A.

Esta unidade estará deseñada de tal forma que os transformadores de intensidade sexan facilmente intercambiables e o seu módulo será precintable independentemente do resto do equipo de medida.

-Unidade funcional de comprobación: comprende os xogos de bornes necesarios para a conexión dos aparellos de medida dos circuítos secundarios dos transformadores de intensidade. Estes bornes estarán deseñados de tal maneira que permitan a substitución e comprobación dos contadores sen interrupción do servicio nin da medida.

Esta unidade poderase incluír dentro do módulo correspondente á unidade funcional de medida.

6.2.2. Caixas de protección e medida.

Ademais das unidades funcionais descritas, ó equipo de medida poderáselle engadir, opcionalmente, a unidade de protección. En equipos de medida destinados a vivendas e locais comerciais e industriais, ata 63A, para instalación a intemperie, esta unidade poderase incluír na mesma envolvente que a unidade funcional de medida, recibindo neste caso o nome de caixa de protección e medida (C.P.M.) e a súa instalación axustarase ó indicado no apartado 4.5. sobre elas.

6.2.2.1. Armarios de medida sen reparto de rede.

As características e dimensións da placa soporte serán as establecidas na recomendación UNESA 1410 e 1412.

Os armarios de medida sen reparto de rede contarán cos seguintes elementos:

a) Bornes de entrada.

Os bornes para o conexionado externo, do lado da rede, terán as características indicadas na recomendación UNESA 1403.

Os bornes serán aptos para conectar conductores de cobre ou de alumiño indistintamente. Estarán deseñados de tal maneira que non cizallen ou deterioren os conductores.

Empregaranse bornes simples de tipo estrato, cunha capacidade de embornamento de ata 240 m/m para as fases e de 240 m/m para o neutro.

b) Bases de curtocircuítos.

Conxuntos ata 63 A.

Instalaranse en tódolos casos portafusibles rotativos de seguridade, para cartuchos UTE 22x58 segundo norma UNE 21.103. A súa instalación será de tal forma que non se permita o acceso a partes con tensión sen violar precintos.

Os fusibles non disporán de ningún dispositivo que permita o corte omnipolar. Nas subministracións trifásicas, cando a potencia máxima admisible da instalación sexa superior a 15 kW, instalarase un interruptor de corte omnipolar, dotado dun dispositivo que permita o precintado independente deste mesmo elemento.

c) Dispositivo de fixación de transformadores de intensidade.

Instalaranse obrigatoriamente nos conxuntos superiores a 63 A, un por cada fase.

O deseño estará de acordo coa figura 15.

A sección da platina será a adecuada á máxima permitida para o correspondente transformador de intensidade a instalar no seu caso (Fig. 15).

d) Platinas.

As súas características axustaranse á norma UNE 21103.

A súa fixación á envolvente realizarase mediante illadores (ver Fig. 16).

As platinas irán aloxadas nos armarios de reparto, coa misión de enlazar cos de medida, continua-la rede e/ou realizar derivacións (Fig. 16).

e) Cerramentos.

Os tipos de envolvente con porta única disporán de pechadura normalizada da empresa.

Os armarios que dispoñan de envolventes enlazadas para medida e para reparto, disporán, na medida, pechadura normalizada da empresa e na de reparto, dispositivo precintable de cabeza triangular, de acordo coa Fig. 17.

Ambos sistemas serán de triple acción (Fig 17).

f) Placas separadoras de fases.

Irán aloxadas na envolvente correspondente ó armario de reparto e fixados entre as platinas de fases, e estarán homologadas.

O seu espesor será de 2 mm como mínimo.

Serán de resinas fenólicas ou de poliéster con fibra de vidro.

g) Veo transparente.

No interior das envolventes colocarase un veo transparente por diante dos elementos en tensión que impida o acceso a estes.

As súas dimensións e fixación estarán de acordo co deseño de cada un dos tipos de armario (ver planos) cun espesor mínimo de 2 mm.

Este veo será de policarbonato de clase e (UNE 21305) con grao de protección IPXX3.

h) Parafusería.

A calidade do aceiro empregado nos parafusos e porcas será como mínimo a correspondente a 5 D (5,6), segundo DIN 267 e como protección anticorrosiva levará a superficie un recubrimento de cincado bicromatado electrolítico.

i) Fixación de aparatos de medida.

Os parafusos de fixación serán de latón, sendo a súas dimensións de acordo ás Fig. 18 e 19.

j) Identificación.

Os armarios exteriores levarán gravados de forma indeleble:

-Nome ou marca do fabricante.

-Referencia de homologación.

-Data de montaxe.

-Número de serie.

6.2.2.2. Armarios de medida con reparto de rede.

a) Bases de derivación.

Nos casos que se requira, o armario de reparto disporá de bases para fusibles correspondentes ó tamaño 1, segundo norma UNE 21.103, admitindo intensidades de ata 250 A. Para o conexionado de cables

estarán equipados con bornes tipo estrato simples.

6.2.3. Composición dos conxuntos de medida.

Segundo a potencia que vaia contrata-lo usuario, os conxuntos de medida destinados ás subministracións individuais conterán os seguintes elementos:

a) Subministración monofásica ata 63 A.

O conxunto de medida consistirá nunha unidade funcional de medida para fixación dun contador monofásico e un reloxo.

b) Subministración trifásica ata 15 kW.

O conxunto de medida consistirá nunha unidade funcional de medida para fixación dun contador trifásico de enerxía activa e un interruptor horario normal.

c) Subministración trifásica maior de 15 kW, ata 63 A.

Consistirá nunha unidade funcional de medida para a fixación de dous contadores trifásicos de activa (simple, dobre ou triple tarifa) [(15 (60) A ou 30 (90) A)] e reactiva de [(20 (60) A ou 30 (90) A)], segundo potencia, e un interruptor horario con cambio automático de verán/inverno cando se instalen contadores de triple tarifa, e normal, cando sexan de dobre tarifa, debendo incluír contacto de mando exterior para o maxímetro, caso de ser instalado este.

Poderase colocar contador de activa con indicación de máxima, nese caso emprazarase no veo unha ventá precintable que acceda a el.

d) Subministración trifásica maior de 63 A.

O equipo disporá dunha cantidade funcional de medida para fixación de dous contadores trifásicos, activo (simple, dobre ou triple tarifa) 2,5 (7,5 A) ou 2,5 (10) A e reactivo de [2,5 (7,5) A ou 2,5 (10 A)] e reactivo de [(2,5 (7,5) A ou 2,5 (10 A)], segundo potencia, mediante conexión a trafos de intensidade e un interruptor horario con cambio automático de verán/inverno cando se instalen contadores de triple tarifa e normal cando sexan de dobre tarifa, provisto de contacto de mando para o maxímetro.

Tamén disporá dunha unidade funcional de comprobación e unha unidade funcional de transformadores de intensidade con interruptor xeral de corte en carga de catro polos 160/250 A e Neutro avanzado, conforme ás dimensións e disposición das Figs. 20.a e 20.b, Fig. 21.a e 21.b.

6.2.4. Situación dos equipos de medida en subministracións individuais.

En vivendas unifamiliares ou edificios dunha soa subministración a instalación dos equipos de medida poderá realizarse por calquera das seguintes opcións:

a) Os equipos de medida irán instalados no interior de armarios exteriores que se situarán no cerramento do predio ou na fachada do edificio, podendo estes colocarse nun oco.

b) O equipo de medida irá aloxado no interior de envolventes illantes módulos individuais e todo este conxunto situarase no interior de fornelos provistos con porta, dotada de pechadura normalizada pola empresa subministradora, tanto en fachadas como en cerramento de predios. Os ditos fornelos serán per

fectamente estancos contra a auga (grao de protección 3, norma UNE 20.324) e disporán dun sistema de ventilación interior que evite as condensacións.

En edificios de vivendas unifamiliares ou para subministracións individuais illadas en que o módulo de medida vaia instalado nun fornelo en fachada, respectaranse os materiais, proporcións e deseño da carpintería exterior.

Se a rede de distribución é aérea e a liña desde o apoio da dita rede ata a CPM é en parte subterránea, a unidade de protección instalarase en CXP independente, situada na orixe da liña conforme o indicado no capítulo 4.

O módulo de medida deberá ser accesible o persoal da empresa subministradora e estará situado de forma que tanto a toma de lecturas como os traballos de mantemento e verificación se poidan realizar en boas condicións de traballo e seguridade.

Os equipos de medida colocaranse de tal maneira que o bordo inferior deles estea a 1,20 m sobre o nivel do chan e que o cuadrante de lectura dos contadores non supere os 1,80 m; o espacio mínimo libre diante do módulo de medida será de 1,10 m. Se houbese unha parede lateral, a distancia mínima ó módulo de medida será de 0,10 m de dita parede.

6.3. Instalación de contadores en forma concentrada.

En edificios de máis dun usuario, os contadores instalaranse en forma concentrada (Fig. 22).

Cando a carga prevista sexa superior ós 250 A, dividirase a centralización en partes de forma que en ningunha delas se supere a carga citada.

Cada unha destas partes alimentarase coa súa propia liña repartidora con protección independente.

En edificios de máis de 12 plantas ou que superen os 48 usuarios admitiranse centralizacións en plantas intermedias, establecéndose nestes casos unha centralización por cada 48 usuarios ou fracción.

Cando o número de locais ou vivendas por planta sexa maior que 14 poderase adoptar unha centralización de contadores en cada planta.

Esta solución poderá adoptarse tamén en edificios singulares cando a magnitude da potencia prevista así o aconselle.

6.3.1. Locais para a centralización de contadores.

A centralización de contadores realizarase nun local cerrado, exclusivamente destinado a este fin sito, preferentemente na planta baixa, ou no primeiro soto

do edificio, con excepción dos casos indicados en plantas intermedias.

Situarase o máis próxima posible á entrada do edificio e da canalización vertical das derivacións individuais (Fig. 23).

O acceso a el será fácil e libre por lugares de uso común.

Estará ventilado e iluminado adecuadamente. Estará construído con materiais non inflamables e o seu grao de resistencia ó lume será o fixado na norma NBE-CPI, de acordo co tipo de edificación. De acordo con esta norma dispoñerá dun extintor de eficacia 21B.

O local dispoñerá de iluminación de emerxencia con batería cunha autonomía mínima dunha hora e unha iluminación mínima de 5 lux.

Estará separado doutros locais que presenten risco de incendio ou produzan vapores corrosivos, así como de locais destinados a albergar contadores de auga, gas ou instalacións telefónicas. O local da centralización non servirá nunca de paso ou acceso a outros locais.

As portas de acceso abrirán o exterior e as súas dimensións mínimas serán de 0,70 x 2,00 m; preferentemente serán metálicas e, en todo caso, o seu grao de resistencia ó lume será o fixado pola norma NBE-CPI.

A porta deberá estar equipada cunha pechadura normalizada pola empresa subministradora, para o cal a dita empresa fixará as características das pechaduras e chaves.

O tipo de pechadura será tal que sempre permita a apertura desde o interior sen utiliza-la chave.

O local non estará exposto a humidades nin inundacións. Cando a cota de chan sexa igual ou inferior á dos corredores ou locais estremeiros dispoñerá de sumidoiro de desaugadoiro adecuado.

A parede ou paredes sobre as que se fixan os contadores terán unha resistencia no inferior á do tabicón. Os módulos que compoñen a centralización fixaranse a dita parede en montaxe superficial e nunca encaixados nela.

A altura mínima do local será de 2,30 m.

O largo libre mínimo do corredor será de 1,10 m.

O largo libre da parede precisa para la fixación dos contadores, en función do número previsto e do de paredes utilizadas será o indicado na seguinte táboa:

(*) Cada contador trifásico tomarase como dous monofásicos.

Para efectos de determina-las dimensións do local, contabilizarase cada contador trifásico como dous monofásicos. Se os locais comerciais non están definidos preverase o espacio correspondente a dous contadores trifásicos por cada 50 m.

Cando as instalacións non estean especificamente proxectadas para a aplicación de tarifas con discriminación horaria, deixarase sen embargo reservado o espacio correspondente a un contador por cada columna de contadores, para a posible instalación dun conmutador horario.

No local da centralización, en edificios destinados principalmente a vivendas, colocaranse tamén os contadores correspondentes ós servicios xerais do edificio e ós locais comerciais.

Cando o número total de contadores previsto, monofásicos e trifásicos, non supere os 16, admitirase a instalación da centralización sobre un paramento en zona de uso común, portal, distribuidor de locais, etc. Deixarase unha superficie libre de parede de 0,40 m de largo, lateralmente á centralización para unha posible ampliación dela. A centralización cerrarase cun tabique con portas metálicas, e resistencia ó lume que será a indicada para as portas dos locais. A distancia deste tabique á parede oposta será de 1,10 m como mínimo (Fig. 24).

6.3.2. Composición das centralizacións.

Características xerais:

Toda a centralización estará composta polas seguintes unidades funcionais:

-Unidade funcional de corte xeral.

-Unidade funcional de embarrado xeral e fusibles de seguridade.

-Unidade funcional de medida e interruptor horario.

-Unidade funcional de mando e control horario, cando proceda.

-Unidade funcional de embarrado de protección e bornes de saída.

A centralización de contadores terá que cumprir, con carácter xeral, as especificacións da norma UNE 20098 e a R.U. 1404E. Deberá ser dun modelo e tipo homologado (Fig. 25).

A montaxe farase por grupos verticais de maneira que cada columna de medida lle corresponda a súa unidade funcional de embarrado e fusible de seguridade, a súa unidade de protección e a súa unidade de mando e control horario.

Cada conxunto de módulos de centralización de contadores alimentados por unha liña repartidora, estará equipado cun interruptor xeral que permita o corte en carga.

As columnas modulares destinadas a aloxa-los equipos de medida das subministracións distintas de vivendas serán independentes das destinadas a aloxa-las subministracións domésticas.

As subministracións trifásicas que representen unha intensidade superior a 50 A por fase disporanse en conxuntos de medida específicos, das características indicadas na recomendación UNESA 1410.

As envolventes deben estar provistas dun sistema de ventilación que evite as condensacións interiores. Os elementos que proporcionen esa ventilación non poderán reduci-lo grao de protección establecido.

Tódolos elementos serán rotulados de forma que sexan facilmente identificables os fusibles, contador e bornes de saída que pertencen a cada usuario.

Unidade funcional de corte xeral.

É un elemento destinado a deixar fóra de servicio a centralización de contadores.

O interruptor será dunha intensidade nominal de 160 A ou de 250 A, acorde coa potencia prevista nas instalacións e dunha tensión nominal de 400 V.

O neutro, debidamente identificado, deberá desconectarse despois das fases na apertura e conectarse antes que estas no cerramento.

Os bornes terán a seguinte capacidade de embornamento:

En interruptores de 160 A:

-Para as fases: entre 16 e 95 m/m.

-Para o neutro: entre 16 e 50 m/m.

En interruptores de 250 A:

-Para as fases: entre 25 e 150 m/m.

-Para o neutro: entre 16 e 95 m/m.

Esta unidade funcional de interruptor xeral colocarase en envolvente independente, e disposta de forma tal que para o accionamento do interruptor non sexa necesario abrir este módulo. Este módulo irá, con preferencia, adosado lateralmente á unidade funcional de embarrado e fusibles de seguridade.

Unidade funcional de embarrado xeral e fusibles de seguridade.

É a unidade constituída polo embarrado xeral e os fusibles de seguridade das derivacións individuais.

O embarrado xeral estará constituído por platinas de cobre cunha sección de 20 m/m x 4 m/m.

A barra de neutro irá situada na parte superior do embarrado.

A envolvente desta unidade funcional levará gravadas de forma indeleble e facilmente lexible a marca do fabricante, tensión e intensidade nominal en voltios e amperios e data de montaxe.

Tódalas tapas levarán as siglas UV como indicación de protección contra raios ultravioleta.

Para evitar contactos directos co embarrado, unha vez retirada a tapa da envolvente illante, disporase dunha protección illante, transparente e precintable (veo) que permita unicamente acceso ós tapóns dos fusibles curtocircuítos. Este veo estará construído de acordo coas características descritas no punto g) do apartado 6.2.2.1.

Os fusibles de seguridade instalaranse en bases do tamaño DO-2, ata 63A, directamente conectados ó embarrado.

Os cables correspondentes ás derivacións individuais embornaranse nos fusibles de seguridade e barra de neutro mediante bornes que garantiran unha conexión segura e fiable.

Cando no embarrado se realicen orificios que orixinen unha reducción da sección del, deberanse empregar dispositivos apropiados que complementen a sección da zona perforada, para efectos eléctricos e mecánicos.

Unidade funcional de medida e interruptor horario.

É a constituída polos contadores e os interruptores horarios ou dispositivos de mando, para a medida de enerxía eléctrica.

Na unidade funcional de medida de cada columna modular e para un máximo de 20 contadores quedará reservado un espacio dos destinados a un contador, para a instalación nel dun interruptor horario. O espacio destinado para este fin será o situado na parte superior dereita.

Cada interruptor horario recibirá corrente do embarrado xeral a través do seu fusible de seguridade independente, o cal disporá dun dispositivo que permita o seu precintado.

Unidade funcional de mando e control horario.

É o constituído polos dispositivos de mando e control necesarios que lles permitan ós usuarios acollerse a cargas con discriminación horaria.

Contén un espacio para a colocación dos relés de dobre contacto ou dispositivos similares de cada usuario.

Esta unidade funcional situarase nun módulo independente e precintable.

Disporase de perfil simétrico EN 50022-35x75, especificando na norma UNE 21822.

Unidade funcional de embarrado de protección e saída.

É a unidade constituída polos bornes de saída e o embarrado para a conexión dos conductores de protección de cada unha das derivacións individuais.

Os bornes de saída permitirán a conexión de conductores de cobre de 1,5 a 2,5 m/m para os fíos de mando do cambio de tarifa e de 6 a 25 m/m para os conductores de fase e neutro de cada derivación individual.

A barra de protección estará constituída por unha platina de cobre de 20 m/m x 4 m/m. Disporase nos dous extremos dun borne para protección da liña principal de terra cunha capacidade de embornamento para cable de sección comprendida entre 16 e 50 m/m, e en toda a súa lonxitude dos bornes necesarios para os conductores de protección das distintas derivacións individuais. Estes bornes deberán admitir conductores de seccións comprendidas entre 6 e 16 m/m.

Precintado das centralizacións.

O interior das envolventes da medida será accesible unicamente á empresa subministradora de enerxía. Para iso, disporán de puntos de cerre con elementos imperdibles e precintables.

Cableado interior.

Todo o conxunto da centralización será cableado polo fabricante homologado ou polo instalador autorizado, debendo realizarse o dito cableado previamente á posta en obra e conforme a recomendación UNESA 140E.

O cableado de cada derivación individual discorrerá pola parte posterior das placas de fixación dos contadores.

O cableado auxiliar para o cambio de tarifas, realizarase con cables de cobre de iguais características ós descritos para as derivacións individuais. A súas seccións serán de 2,5 m/mpara a alimentación ó interruptor horario ou dispositivo de mando e de 1,5 m/m para as conexións de bornes de saída ás unidades de medida.

Suxeición dos aparellos de medida.

Os parafusos de fixación serán de latón e imperdibles e subministraranse en número de tres por contador, instalados nas súas correspondentes rañuras.

Tarxeteiro.

Os tarxeteiros serán transparentes de 60 x 25 m/m dispoñendo de elementos de suxeición ás placas de fixación de contadores, tales parafusos, remaches ou similares, e situarase na parte superior destas da maneira que sexan visibles.

7. Derivacións individuais.

Son as liñas que, partindo do conxunto de centralización, enlazan o contador ou contadores de cada usuario cos dispositivos privados de mando e protección.

7.1. Disposición das derivacións individuais.

As derivacións individuais discorrerán baixo tubo ou canle polo interior de acanaladuras encastradas ou adosadas ó oco da escaleira, por lugares de uso común. Evitaranse as curvas, os cambios de dirección e a influencia térmica doutras canalizacións do edificio.

A parte das derivacións individuais que discorren por fóra da acanaladura irá baixo tubo encastrado directamente sobre a parede, con grao de protección IPxx7.

En edificios que, polas súas características constructivas, non permitan a construcción da acanaladura vertical, poderase adoptar outras solucións regulamentarias, logo de autorización das delegacións provinciais da Consellería de Industria.

7.1.1. Conductores.

Os conductores serán de cobre, ríxidos, unipolares, con illamento para unha tensión nominal de 750 V e non presentarán ningún empalme ou conexión en todo o seu percorrido.

Cada derivación individual constará dos seguintes conductores: neutro de cor azul clara, un a tres conductores de fase, cores negra, marrón e gris e un conductor de protección cor amarela-verde. Cando proceda, incluirase un fío conductor de cor vermello e 1,5 mm de sección como fío de mando da tarifa nocturna.

A sección dos conductores de protección en relación cos de fase será a seguinte:

Sección conductores de fases Sección conductores protección

S menor de 16 mm Igual a S

S de 16 a 35 mm 16 mm

S maior de 35 mm Metade de S

7.1.2. Tubos e canles protectores

Cada derivación individual discorrerá por tubo ou canle independente.

A envolvente dos conductores que forman a derivación individual estará formada por tubos ou canles de material ríxido e incombustible cun grao de protección mínimo de IPxx5 en conduccións verticais e de grado de protección IPxx7 (ríxido ou flexible) en conduccións horizontais.

O diámetro nominal dos tubos ou sección da canle será tal que permita amplia-la sección dos conductores instalados inicialmente nun 50%, sendo como mínimo de 29 m/m Ø ou para tubos e dunha sección equivalente para canles.

En edificios destinados principalmente a vivendas cando os locais comerciais non estean definidos, farase unha previsión de dous tubos por cada 50 m do local. Así mesmo deixarase instalado un tubo de reserva por cada 10 derivacións individuais ou fracción, para atender posibles ampliacións futuras.

As unións dos tubos serán roscadas ou embutidas de forma que non poidan separarse os extremos e se manteña o grao de estanquidade adecuado.

7.1.3. Trazado.

A acanaladura vertical estará convenientemente cerrada, pero mantendo rexistros practicables en tódalas plantas, situados a 20 cm da parte inferior do forxado. Os rexistros ocuparán todo o largo da acanaladura cunha altura mínima de 30 cm. As tampas serán illantes ou metálicas podendo recubrirse doutros materiais para efectos estéticos.

Os tubos fixaranse ó longo da acanaladura en tódalas plantas, mediante soportes e abrazadeiras. A distancia mínima entre eixes dos tubos será de 50 mm.

No interior da acanaladura instalaranse placas cortalumes, á altura da parte inferior do rexistro e polo menos unha cada tres plantas.

En todo caso no arranque da acanaladura instalarase sempre unha placa cortalumes.

Cando o número de tubos previstos, incluídos os de reserva, supere os 24, estes repartiranse en dúas acanaladuras independentes.

As dimensións da acanaladura determinaranse en función do número total de tubos, de acordo coa seguinte táboa:

Se a situación do cadro de contadores fai inevitable un trazado horizontal das derivacións individuais, este trazado, entre o dito cadro e o conductor vertical, executarase nas condicións indicadas para o tramo vertical. En calquera caso dispoñeranse os rexistros precisos para que sexa posible a substitución ou reforma de calquera derivación individual.

7.2. Cálculo das derivacións individuais

A sección das derivacións individuais determinarase en función da carga prevista segundo MI-BT-010, tendo en conta a intensidade admisible polos conductores (MT-BT-017), e que a caída de tensión máxima é do 1% da tensión nominal cando a centralización de contadores está situada na planta baixa ou primeiro soto e do 0,5% no caso de centralizacións por plantas ou en plantas elevadas.

A orde de calculo é a indicada no apartado 3.3, para acometidas. Nas táboas adxuntas determínanse as seccións da liña repartidora, para potencias ata 13,8 kW en monofásico e 39,6 en trifásico, en función da lonxitude dela, para unha caída de tensión do 1% á tensión de 220/380 V cun cos= 1.

No caso de derivacións individuais monofásicas para vivendas, tendo en conta as lonxitudes usuais e os distintos graos de electrificación, as seccións e diámetros de tubos que hai que utilizar serán:

8. Instalacións de enlace en subministracións individuais.

No caso de edificios destinados a un só usuario, tales como vivendas unifamiliares, edificios públicos, industriais ou comerciais, non existe liña repartidora nin derivación individual. Nestes casos a CXP enlaza directamente co equipo de medida e este cos dispositivos privados de mando e protección.

Cando o equipo de medida estea situado no exterior, toda liña de enlace desde a CXP ou CPM ata os dispositivos privados de mando e protección realizarase de acordo co especificado no capítulo 5 para liñas repartidoras. Se existe algún tramo subterráneo as condicións de instalación serán as indicadas no apartado 3.4.4. para acometidas subterráneas.

Se o equipo de medida está no interior, no tramo entre este e os dispositivos privados de mando e protección poderanse utilizar conductores con illamento para 750 V.

A caída de tensión total entre a CXP e os dispositivos de protección será do 1,5%.

Para cargas superiores a 250 A estudiarase a solución técnica máis adecuada, logo do acordo coa empresa subministradora.

9. Elementos de control de potencia.

Con carácter xeral a potencia máxima demandada polo usuario determinarase, cando sexa necesario, mediante interruptores automáticos de control de potencia (ICP) ou con maxímetros.

9.1. Características, situación e uso do ICP.

Os ICP, para cargas ata 63 A, responderán á recomendación UNESA 6101-B.

Cando por razóns técnicas, tales como sección da liña intensidades previstas ou potencia de curtocircuíto, etc., no sexa adecuada a utilización de ICP, segundo a citada recomendación, poderanse instalar outros interruptores automáticos, adecuados ás características da instalación e cunha curva de actuación similar á dos ICP.

O ICP, instalarase á chegada da derivación individual ó local do usuario, e electricamente antes do cadro que conten os dispositivos privados de mando e protección, nun punto cercano á porta de entrada, e comodamente accesible desde o chan (entre 1,5 e 2 m xeralmente). Se por algunha circunstancia é necesario coloca-lo ICP fóra do local do abonado, este será de reenganche remoto, manual ou automático.

O ICP instalarase en caixa precintable, independente do resto da instalación. En instalacións encastradas en locais secos, a caixa para ICP axustarase ás recomendacións UNESA 1407-B e 1408-B e deberán, polo tanto, estar fabricadas con material illante e autoextinguible.

O ICP considérase independente de calquera outro elemento de corte ou protección que requira a instalación de acordo coa regulamentación vixente.

9.2 Situación e uso de maxímetro

Cando o control de potencia se realice por maxímetro este instalarase asociado ó equipo de medida de acordo co apartado 6.

Utilizarase preferentemente o control de potencia por maxímetro nos seguintes casos:

a) Para cargas superiores a 63 A.

b) Naquelas subministracións nas que a actuación do ICP poida producir situacións de inseguridade, tales como locais públicos, ascensores, garaxes e outros, nos que existan aparellos de elevación de guindastres, etc.

9507380